Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2020 | Actualizada ás 14:11
Santiago acollerá do 2 ao 4 de marzo a sexta edición de Unvex, "a maior cita de aeronaves tripuladas celebrada en España", segundo destacan os organizadores. O evento presencial tivo que aprazarse pola crise da covid-19 e este martes tivo lugar o pistoletazo de saída cun intercambio en formato virtual no que participaron responsables de distintas empresas, xunto ao director de Unvex,Ángel Macho.
Na súa intervención na inauguración do acto, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, destacou que Unvex é "o principal escaparate do sector" e unha "cita de referencia" que "vai permitir nesta edición centrarse nun maior coñecemento e desenvolvemento dos drones que poden prestar servizo á administración".
A secretaria xeral de Transportes e Mobilidade, María José Rallo do Olmo, valorou as múltiples funcionalidades dos drones en ámbitos como o medio ambiente, as infraestruturas, o salvamento, a seguridade e a defensa. Así mesmo, referiuse ao "rápido crecemento que experimentou este sector en España" co incremento de operadores, pilotos e aeronaves no ámbito civil.
Por parte do ministerio, subliñou a "clara aposta pola cultura da seguridade" co reforzo tamén da "actividade de supervisión". Na súa quenda, o subdirector de programas da DGAM, xeneral de división Salvador Álvarez, fixo fincapé en que este é un "alicerce fundamental para a defensa" no actual escenario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.