Catro falecidos de residencias de Ourense elevan a 790 os mortos en Galicia con covid-19

A cifra total de mortos desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 169.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/10/2020 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este martes catro novos falecementos vinculados coa covid-19, todos eles relacionados con residencias de maiores da provincia de Ourense. Con iso, a cifra de mortos pola pandemia ascende xa a 790 persoas en Galicia.

Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con Covid-19
Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con Covid-19 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

En concreto, os últimos falecidos son dous homes, de 80 e 88 anos, que se atopaban ingresados no Hospital Público de Verín e que procedían da residencia de maiores Val de Monterrei.

Este mesmo centro rexistrou tamén o falecemento doutrod dous usuarios, un home de 88 anos, mentres que a cuarta morte é a dunha muller de 89 anos da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar.

Dáse a circunstancia de que na xornada do luns o único falecido notificado foi un home de 84 anos usuario tamén da residencia Os Gozos, da que proviña tamén unha muller de 94 anos que faleceu o domingo.

Con estas últimas vítimas, a cifra total desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 169 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, encadeáranse case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta