O empresariado galego perde poder en Galicia pola chegada de novos grupos foráneos

Aumenta o peso das industrias con sede fóra de Galicia no importe da facturación do sector no país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2020 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

O peso das industrias con sede fóra de Galicia no importe total da facturación do sector na comunidade aumentou en 2018, segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).

A cifra de negocios destas empresas industriais con sede fóra que en 2018 realizaron algunha actividade económica na comunidade galega supón o 33,4% do total do importe neto da facturación das firmas deste sector con actividade en Galicia.

Para as empresas dedicadas ao sector servizos, esta porcentaxe sitúase no 22% en 2018 e para as empresas comerciais, a cifra baixa ao 15,6%. No tocante ao emprego, as empresas industriais con sede fóra de Galicia dan traballo ao 12,4% dos ocupados na industria de Galicia. No sector do comercio a cifra é semellante (sitúase tamén no 12,4% en 2018). Pola contra, sobe ao 18,7% no sector servizos.

Se se comparan as porcentaxes observadas en 2018 cos do ano anterior, aumentou o peso das empresas industriais con sede fóra de Galicia no importe neto da cifra de negocios xerado por este sector na comunidade (0,6 puntos).

Tamén aumentou en 0,2 puntos o peso das empresas que se dedican ao comercio e teñen a sede fóra de Galicia na cifra de negocios do sector. Pola contra, no caso dos servizos, a súa porcentaxe diminuíu 0,9 puntos en 2018 respecto de 2017.

No caso do emprego, o peso das empresas con sede fose e actividade en Galicia diminuíu no tres sectores analizados en 2018 en relación co ano anterior.

OUTRAS COMUNIDADES

No que respecta ás empresas industriais con sede en Galicia que en 2018 realizaron algunha actividade económica noutra comunidade, o 5,7% do seu importe neto da cifra de negocios facturouse fóra de Galicia.

Operario de ferraxe da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo
Operario de ferraxe da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo | Fonte: PSA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riuriu

Normal. En la Galicia dominada por el caciquismo del PP y el sindicalismo de la CIG lo único que merece la pena es hacerse funcionario o enchufarse en algún chiringo de partido o del sindicato nazonal. El panorama es todavía peor si además descontamos los pseudoempresarios que viven de los contratos bajo cazo y comisión con las administraciones controladas por los partidos y sindicatos.