O BNG marcha canda Syriza e o Bloco de Esquerda en Lisboa

Xavier Vence salienta a conexión do BNG coas "forzas europeas de esquerda que loitan contra a troika" e destaca que coinciden con Syriza na necesidade de derrotar aos mercados que gobernan a UE.

Por Galicia Confidencial | Lisboa | 27/04/2013 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, subliña a conexión dos nacionalistas con" forzas europeas de esquerda que se opoñen totalmente ás políticas de empobrecemento ditadas pola troika". Vence fai estas declaracións tras participar co Bloco de Esquerda luso e coa Syriza grega no desfile popular que tivo lugar onte, en Lisboa, con motivo da celebración do 25 de abril, unha mobilización na que se atacou a "austeridade".

Bieito Lobeira, Ana Miranda e Xavier Vence co líder de Syriza Alexis Tsipras
Bieito Lobeira, Ana Miranda e Xavier Vence co líder de Syriza Alexis Tsipras

Vence pon de manifesto que "o devir de Galiza depende do futuro de países como Portugal e Grecia, sumidos na miseria como consecuencia das políticas de retallamentos da Unión Europea e da troika". Na súa opinión o empobrecemento que sofre o pobo portugués e o gregoé o retrato do que pode acontecer no país de "non conquistarmos a soberanía para poder tomar as nosas propias decisións".

Xavier Vence partillou estas impresións co líder da Syriza, Alexis Tsipras, durante a manifestación en Lisboa. O representante da Syriza, que lle trasmitiu a Vence a situación de catástrofe humanitaria que se vive en Grecia como consecuencia dos recortes impostos pola troika, coincidiu, segundo frontes do Bloque, co BNG en sinalar que "a solución á crise pasa por derrotar a ditadura Europea e económica, que é imposta polos mercados todopoderosos".

Acompañados do secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, e da eurodeputada Ana Miranda, salientaron, ademais, que "non hai ningún exemplo de éxito coas políticas de austeridade impostas polos mercados e polo sistema financeiro". Na mesma liña, coincidiron en advertir de que "todas as decisións importantes para a vida das persoas están a serlles furtadas ao propio pobo, como se a democracia for un aderezo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

8 doutrolado

A ver se o entendo: Vence, Miranda e Lobeira deberían escapar correndo cando coinciden cun militante de Syriza. Por varias razons: Unha, porque Syriza é de dereitas e Lobeira de esquerdas. Dúas, porque Syriza é de esquerdas e Vence de dereitas. Tres, porque Syriza é estupenda e o Bng é o demo. Catro, porque Syriza é de AGE...

1 eueu

Deixa-os andar home, eles mesmos procuram a sua própria desgraça umha e outra vez... nom dam umha ao direito!

7 antiburrice

PSOE, IU e UPyD van despedir o 30 de xuño ao 25% dos profesores asturianos do ensino público ( relixion e concertada non se tocan). 2.400 profesores ao paro. Esta é a verdadeira faciana de AGE (ou IU, ou IX, ou Chunta, ou EB, ou como se chamen en cada lugar).O voto destas tres forzas políticas españolas foi necesario para aprobar a Lei de Orzamentos onde se contempla a medida. http://www.lne.es/asturias/2013/03/...

1 burricieuniversal

Xa. E o BNG non despide, en FORGA e no propio BNG.

6 Antiburras

Estamos ás portas do 1 Maio " Día do Internacionalismo Proletario" e a CIG, seguindo as directrices da UPG, convoca mobilización en solitario. Os que afundiron ao BNG están a piques de afundir tamén a CIG

1 antiburrice

Si homiño. sí. O que ten que facer a CIG é ir cos das comisiones peperas, cos das mariscadas, cos ladróns dos ERES andaluces, cos que cobraban 250.000 eurocos en Bankia, cos que invitaban a Aznar nos Congresos, cos que asinaron todos os recostes durante os últimos 25 anos. cos que afunden o naval galego para defender os asteleiros de Cadiz. Toleades ajillos? Ide come-lo caldo no Audi de Ferrín e Montero.

5 Bautista do Unto

Si hai un referente da Syriza en Galicia ese é Alternativa Galega de Esquerdas. O BNG faría ben en non mandar a Benito Lobera a lado ningún

1 Bandeira

Por que escrebes en galego e logos dis "Benito Lobera", o seu nome é Bieito Lobeira, e ti non deixas de ser un colonizado que necesitas de España para malvivir.

4 Antifeixista

O BNG marcha canda xente que despreza, tanto Bloco de Esquerda (que non son tan comunistas como el@s quererían) como sobre todo Syriza (xa que o KKE, para unha facción do BNG, o MGS, sonche moito mellores, máis puros e máis comunistas). Novamente facendo o paripé, como cos independentistas.

1 Comunista (autentico)

Non é que o KKE sexa mais puro, é que e realista, aparte de que cos sindicatos afins e os anarquistas levan a loita na rua. Non son mais do mesmo coma os Syrizos que igual que IU limitan o combativo ao discurso electoralista, para logo todo ser reenegociar a debeda e condicións de pago. Para os que pensades que este sistema esgotado e criminal capitalista pode ter outra cara que a neoliberal, pois ala vós, durmide o soño dos xustos. Despois pasa o que pasa...que cambeou co bipartito? que cambeo representa a Junta de Valderas? que levan pechado dez hospitais públicos dende que gobernan?. Só quitandolle os monopolios aos burgueses pode cambear algo, Syriza é o plan B das burguesias, o mesmo os xa mais que desprestixiados Bloco ou Die Linke de Lafontaine