O BNG marcha canda Syriza e o Bloco de Esquerda en Lisboa

Xavier Vence salienta a conexión do BNG coas "forzas europeas de esquerda que loitan contra a troika" e destaca que coinciden con Syriza na necesidade de derrotar aos mercados que gobernan a UE.

Por Galicia Confidencial | Lisboa | 27/04/2013 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, subliña a conexión dos nacionalistas con" forzas europeas de esquerda que se opoñen totalmente ás políticas de empobrecemento ditadas pola troika". Vence fai estas declaracións tras participar co Bloco de Esquerda luso e coa Syriza grega no desfile popular que tivo lugar onte, en Lisboa, con motivo da celebración do 25 de abril, unha mobilización na que se atacou a "austeridade".

Bieito Lobeira, Ana Miranda e Xavier Vence co líder de Syriza Alexis Tsipras
Bieito Lobeira, Ana Miranda e Xavier Vence co líder de Syriza Alexis Tsipras

Vence pon de manifesto que "o devir de Galiza depende do futuro de países como Portugal e Grecia, sumidos na miseria como consecuencia das políticas de retallamentos da Unión Europea e da troika". Na súa opinión o empobrecemento que sofre o pobo portugués e o gregoé o retrato do que pode acontecer no país de "non conquistarmos a soberanía para poder tomar as nosas propias decisións".

Xavier Vence partillou estas impresións co líder da Syriza, Alexis Tsipras, durante a manifestación en Lisboa. O representante da Syriza, que lle trasmitiu a Vence a situación de catástrofe humanitaria que se vive en Grecia como consecuencia dos recortes impostos pola troika, coincidiu, segundo frontes do Bloque, co BNG en sinalar que "a solución á crise pasa por derrotar a ditadura Europea e económica, que é imposta polos mercados todopoderosos".

Acompañados do secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, e da eurodeputada Ana Miranda, salientaron, ademais, que "non hai ningún exemplo de éxito coas políticas de austeridade impostas polos mercados e polo sistema financeiro". Na mesma liña, coincidiron en advertir de que "todas as decisións importantes para a vida das persoas están a serlles furtadas ao propio pobo, como se a democracia for un aderezo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

3 Comunista (autentico)

Vence aparte de ser un populista de medio pelo, vai por libre desentendendose da liña do partido e do pactado en Amio. Syriza como ben di Mera´limitase a ser antineoliberal, sin apeas forza na rua o seu ambeto limitase ao mediatico, ao rating tipo Pétain. Non contempla a saida do euro e da zoa euro, nin siquer da Otan. Pouco futuro ten Syriza e menos as suas arelas de reconstruir a socialdemocracia perdida. De non botar a Vence acabamos sento a delegación rexionalista de Izquierda Hundida.

1 Comunista

Quen é Pétain, Rodríguez ou Jorquera?

2 Antifeixista

E sonche mellor os do Bloco de Esquerda, uns señoritos que non queren perder os seus privilexios? Xusto como moitos pequenoburgueses do Bloque de aquí.

2 galiza

Tinha que ter marchado tamén coa Syriza Galega nas eleiçoms ao parlamento da Galiza

1 Galega?

Syriza galega? Será española ;)

2 XanKaraLlás

As dúas cousas porque Galiza, de momento, está no estado español. A alianza de ANOVA con Esquerda Unida na Alternativa Galega de Esquerdas está máis que ben. O que non está ben é a política sectaria que ata o momento caracterizou ao BNG.

3 Por Galega?

Vós seguide insultando, que o dia que o pallaso ególatra acabe por fartar à xente (ai tes o de Islandia), xa veredes onde acaba a aventura.

1 antiantinacionalistas