Abren o carril da AP-9 que fora cortado pola aparición dun cadáver á altura de Poio

A DXT aclarou que "non houbo" grandes retencións na AP-9 porque na mañá do sábado houbo "pouco tráfico", aínda que a circulación si se retardou.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 17/10/2020 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

O carril da AP-9 que permanecía cortado este sábado á altura do municipio de Poio, pola aparición dun cadáver na estrada, reabriu ao redor das 12,20 do mediodía.

Así o confirmaron fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), despois de que o achado do corpo no punto quilométrico 130 da autoestrada obrigase a restrinxir a circulación nun carril en sentido Vigo.

En concreto, as forzas da orde tiveron constancia da aparición do corpo ao fío das 10,30 horas deste sábado. Seguidamente, o 112 deu o aviso a Urxencias Sanitarias-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Poio e ao servizo de mantemento da estrada.

Ademais, a DXT informara do corte do carril para facilitar os labores dos servizos de emerxencias. Estas mesmas fontes precisaron que "non houbo" grandes retencións na AP-9 porque na mañá do sábado houbo "pouco tráfico", aínda que a circulación si se retardou.

Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande, procedente de Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo
Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande, procedente de Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta