Por E.P. | MADRID | 21/10/2020 | Actualizada ás 20:26
O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, confirmou ante o Pleno o seu rexeitamento á moción de censura de Vox, un partido ao que tacha de "totalitario e franquista" e que, na súa opinión, busca "eliminar" ao discrepante.
"A súa concepción da democracia é eliminar politicamente, e con saudade de facelo fisicamente, a todos os que non coincidan con vostedes", resumiu.
Ao seu xuízo, os de Vox son "uns imperialistas fracasados" e defendeu o seu voto en contra de Santiago Abascal como un rexeitamento "ao fascismo e un si á liberdade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.