Localizan o mozo desaparecido en Allariz hai unha semana

Trátase dun mozo "reincidente" que xa marchou previamente doutros centros en Ávila e Madrid e estaba en Allariz de paso, xa que o seu destino era A Coruña.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 23/10/2020 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

O mozo de 17 anos desparecido hai unha semana na localidade ourensá de Allariz foi localizado este venres, segundo informa a asociación Sos Desaparecidos, que desactivou a alerta.

En concreto, o mozo marchouse o pasado venres, 16 de outubro, dunha casa de menores na que estaba de paso no municipio de Allariz e na que, segundo explicaron a Europa Press fontes da Garda Civil, só estivera "cinco horas".

As mesmas fontes sinalaron que se trata dun mozo "reincidente" que xa marchou previamente doutros centros en Ávila e Madrid e estaba en Allariz de paso, xa que o seu destino era A Coruña.

Mozo desaparecido dun centro de menores en Allariz
Mozo desaparecido dun centro de menores en Allariz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta