Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/05/2013 | Actualizada ás 10:28
Os traballadores Teleperformance informan que Gas Natural Fenosa decidíu eliminar a atención o cliente da comercializadora Unión Fenosa Comercial dende o vindeiro 1 de Xuño de 2013, facendo desaparecer dita comercializadora, e trasladando os clientes da mesma a Gas Natural Servicios.
A atención ao cliente de Unión Fenosa Comercial préstase dende Galicia a todo o territorio nacional, mentres que non é así no caso de Gas Natural Servicios.
En Teleperformance A Coruña prestan servizos de Atención ó Cliente para Gas Natural
Fenosa 311 persoas, adicadas a varios departamentos. No caso concreto de Unión Fenosa
Comercial, 105 persoas están a preguntarse arestora qué vai acontecer cos seus postos de traballo a partires do 1 de Xuño.
Os representantes sindicais de UGT, CC.OO e CIG sinalan unidos que "compre sinalar que algunhas das persoas afectadas levan a traballar para ese cliente até 21anos e que a propia Teleperformance trasladóu ó persoal afectado que o Grupo Gas Natural Fenosa está altamente satisfeito co servizo que se presta dende A Coruña".
O 3 de maio o comité de traballadores mantivo a última reunión coa empresa onde se nos trasladou a mesma información que en anteriores xuntanzas. Teleperformance segue sen aclarar medidas concretas.
O Comité de Empresa convocóu asambleas de traballadores para dar conta da situación e
acordou tamén por unanimidade o seguinte calendario de mobilizacións.
Martes 7 de maio concentración de delegados de 12:00 a 13:00 diante da sede de GNF na
Coruña, no Macuf, na rotonda da Grela.
Martes 14 de 15:00 a 16:00 concentración de delegados diante do site de Teleperformance
na calle Newton Nº 5.
Xoves 16 manifestación dende o centro de traballo na calle Newton Nº 5 pasando pola
avenida de Finisterre ata a oficina de atención presencial de GNF na rua Fernando Macías, 4.
Folga parcial de 12:00 a 14:00.
Martes 21 concentración de delegados de 12:00 a 13:00 diante da sede de GNF na Coruña,
no Macuf, na rotonda da Grela.
Xoves 23 concentración de delegados diante do site de Teleperformance na calle Newton
Nº 5.
Feijóo presumía da aposta de Fenosa por Galicia
Hai menos de dous anos a Xunta sacaba peito pola presunta aposta de Gas Natural Unión Fenosa por Galicia.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseguraba, logo da súa reunirse co presidente da empresa, Salvador Gabarró, que a decisión de "recuperar Fenosa con domicilio social e fiscal en Galicia suporá unha importante inxección económica coa creación de 3.000 postos de traballo e 1.800 millóns de euros en inversións na Comunidade".
Daquela o Goberno presumía a "inxección de riqueza e emprego" que supuña que o grupo mantivese o seu domicilio social no país.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.