Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 14:02
A Consellería de Sanidade calculou que o 5,5% dos médicos secundou na quenda de mañá a folga convocada para este martes pola Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM). Ademais, destacou o cumprimento do "100%" dos servizos mínimos establecidos.
Segundo datos ofrecidos pola Consellería nun comunicado, a área sanitaria con maior seguimento foi a de Lugo-A Mariña-Monforte, co 9,1%, seguida da de Pontevedra-O Salnés, cunha participación do 8,1% sobre o total dos efectivos chamados á folga.
En canto ao resto, a área sanitaria de Ferrol rexistrou un seguimento do 7,9% e na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras foi do 6,2%. De acordo cos datos de Sanidade, o seguemento da folga foi nas áreas sanitarias de Vigo do 5,6%, en Santiago-Barbanza do 4,4% e na Coruña-Cee, do 1,5%.Ademais, a Consellería subliñou o seguimento "nulo", do 0%, en entidades adscritas como axencias, fundacións e empresas públicas dependentes.
Por parte da organización convocante, o presidente de CESM Galicia, Ramón Barreiro, explicou a Europa Press que a participación na Comunidade galega está a ser "dispar", con niveis "máis baixos" na Atención Primaria, e criticou que os servizos mínimos establecidos son "moi altos". A falta de datos concretos de Galicia, o propio sindicato cifra que a nivel estatal secundárona en torno ao 85% dos médicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.