A Costa da Morte rexistra ondas de máis de 8 metros de altura nun novo temporal

A alerta vermella obriga a ter amarradas as embarcacións da zona.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

Parte da frota permanece amarrada este mércores en Galicia nunha xornada de aviso de nivel vermello na Costa da Morte e o noroeste da provincia da Coruña por ondas de máis oito metros.

Segundo explican a Europa Press por parte da confraría de Malpica "toda" a frota atópase amarrada, nunha zona da Costa da Morte na que se prevé que o temporal azoute con máis forza, sobre todo a partir das 15,00 horas co comezo do aviso de nivel vermello.

Nas Rías Baixas, en Bueu (Pontevedra) unha parte das embarcacións decidiron quedar en terra, mentres outras si que saíron a navegar. Tamén desde Marín explica que esta mañá o mar atópase aínda "acougado".

En cambio, máis tranquila está a mañá na provincia de Lugo --onde hai aviso laranxa por ondas entre cinco e oito metros--, pois toda a frota de Celeiro saíu a faenar con normalidade.

Ondas. TIM POATE
Ondas. TIM POATE | Fonte: UNIVERSITY OF PLYMOUTH - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta