A RAG traslada o pleno extraordinario do Día das Letras á súa sede motivada pola situación da COVID

O acto incluirá catro alocucións sobre a vida e o legado intelectual do homenaxeado, a cargo da académica Margarita Ledo Andión e dos académicos Xesús Alonso Montero, Ramón Villares e Francisco Fernández Rei.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega acordou celebrar o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas, que xa se pospuxo, na súa propia sede, ante o empeoramento da situación sanitaria pola crise do a covid na área de Ferrol.

A institución tiña previsto desenvolver o acto central de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero na cidade natal o sábado 31 de outubro, coincidindo co centenario do seu nacemento, e tras pospolo na data tradicional, o 17 de maio, como consecuencia do confinamento.

Finalmente, a Academia renderalle tributo ao escritor, filólogo, profesor e académico nunha cerimonia que terá lugar no salón de actos da rúa Tabernas ás 12,00 horas e que se poderá seguir a través da web (academia.gal).

O acto incluirá catro alocucións sobre a vida e o legado intelectual do homenaxeado, a cargo da académica Margarita Ledo Andión e dos académicos Xesús Alonso Montero, Ramón Villares e Francisco Fernández Rei.

Ano Carvalho Calero, homenaxeado nas Letras Galegas. RAG
Ano Carvalho Calero, homenaxeado nas Letras Galegas. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta