Nova web de Abanca para impulsar o coñecemento do seu patrimonio artístico e bibliográfico

O novo espazo dixital, accesible na dirección https://coleccion.abanca.com/, conta cunha estrutura sinxela que facilita a navegación e un deseño que busca a mellor experiencia para o usuario independentemente do dispositivo que estea a utilizar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A Colección Abanca conta cunha nova canle de difusión que contribuirá a achegar o seu patrimonio artístico e bibliográfico a toda a sociedade e facilitará que poida ser consultado tanto por persoal investigador como polo público xeral.

O banco avanza así no obxectivo marcado dentro do seu programa de RSC de impulsar o coñecemento dos dous fondos que configuran a súa colección, o artístico e o bibliográfico, que foron recoñecidos como Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia en 2015 e cuxa xestión responde a criterios de divulgación cultural, sen vinculación co negocio ou o investimento.

O novo espazo dixital, accesible na dirección https://coleccion.abanca.com/, conta cunha estrutura sinxela que facilita a navegación e un deseño que busca a mellor experiencia para o usuario independentemente do dispositivo que estea a utilizar.

A Colección de Arte de Abanca, composta por 1.369 obras de 255 artistas, ocupa un espazo destacado na web. Neste momento recolle información detallada sobre máis de 400 pezas deste fondo artístico, as máis relevantes e de maior interese xeral, pero cando finalice o proxecto, en decembro, estarán dispoñibles para a súa consulta todas as obras que configuran o fondo pictórico, escultórico e fotográfico do banco, así como dos seus creadores. Os usuarios poden localizar as obras e os autores a través do buscador ou simplemente realizar un percorrido a través do mosaico de imaxes.

No apartado de exposicións pódense ver os proxectos expositivos máis relevantes realizados ata o momento, así como consultar a programación actual e os próximos eventos. As persoas que non puidesen visitar as mostras organizadas ou aquelas que queiran volver gozalas poderán acceder ás visitas virtuais e na sección de catálogos facilítase o acceso ás publicacións editadas polo banco con motivo das mostras

FONDO BIBLIOGRÁFICO E DOCUMENTAL

A colección bibliográfica protagoniza outro gran bloque de contido. Está formada por 3.217 volumes, divididos en 69 incunables, 11 facsímiles, 530 obras de economía e outras disciplinas, 257 autógrafos e 2.350 obras históricas dos séculos XVI ao XX, que se atopan depositadas en comodato desde 2013 na Biblioteca de Galicia.

Os documentos poden consultarse en formato dixital a través de Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, e no novo portal inclúense as ligazóns correspondentes a todas as obras dixitalizadas ata a data para facilitar o acceso a investigadores ou persoas interesadas.

Oficina de Abanca. ABANCA - Arquivo
Oficina de Abanca. ABANCA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta