Gómez-Reino en misión internacional en Nagorno-Karabaj: "É imprescindible un alto o fogo"

O deputado galego e vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores, integra unha delegación internacional de urxencia desprazada a esta zona de guerra entre Armenia e Acerbaixán.

Por Galicia Confidencial | Ereván (Armenia) | 04/11/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O deputado de Unidas Podemos e portavoz de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, participa nunha delegación internacional de urxencia integrada por representantes públicos e embaixadores de diversos estados da UE e ONE desprazados desde o sábado 1 a Nagorno Karabaj, un territorio fronteirizo en conflito entre Armenia e Azerbaixán, actualmente en guerra, co obxectivo de buscar vías pacíficas de resolución deste conflito.

Refuxiados armenios de Nagorno-Karabaj
Refuxiados armenios de Nagorno-Karabaj | Fonte: icrc.org

A delegación que percorreu neste días distintas localidades na zona de fronteira co Karabaj, como Gorin, mantivo encontros con onegués que traballan sobre o terreo e coas familias que están a sufrir brutalmente as consecuencias do conflito armado e do lume cruzado e que xa tiveron que abandonar as súas aldeas e pobos, sembrados de vítimas mortais,  para convertirense en refuxiados. 

'É imprescindible traballar pola solución do conflito coa implicación activa da comunidade internacional; é urxente e necesario un alto o fogo para avanzar na paz e no respecto aos Dereitos Humanos e a sobenaría en Nagorno Karabaj, unha zona absolutamente estratéxica para conservar os equilibrios do Caúcaso e Oriente Medio", manifestou Gómez Reino. 

Este mércores, en Everán, a capital armenia, conclúe a viaxe logo dun panel de diálogo no que tomaron parte os representantes de Alemania, Holanda, Francia e España, entre outros, na procura da implicación internacional nun camiño pacífico que poña fin ao conflito armado no Caúcaso, con fondas raíces pero que se desencadenou o pasado 27 de setembro e que xa se cobrou numerosas vidas. 

O deputado galego é vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados e ten participado en distintas misións internacionais en Europa, Asia e América Latina. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Vividor (II )

Viaje con nosotros si quieres gozar, viaje con nosotros a mil y un lugar.

4 É o máis indicado

Porque Nagorno Karabaj significa Karabaj Montañoso e Tone é experto polas épocas que pasa nos balnearios dos Alpes como bo traballador precario así que si é experto e as criticas son infundadas e fai ben en ir e o mellor son as vías pacíficas e non dar aos armenios misiles antiaéreos e antitanques

3 stop yihandismo turco

Miren si esta do lado do Otomano otaneiro... pois eu estou do lado do cristian armenio e do presidente Putin que e o unico mandatario mundial elexido pola man de Deus... guiado polo topododeroso mesmamente... os otomanos estan facendo moitas en siria, en chipre, no mar de grecia, no curdistan, en libia, en armenia... queren impoñer o panturianismo estilo Enver Pascha de china a albania a tunez... miren os compoñentes electronicos dos drons baryactar!!!! quen os fabrica

2 Xourma

"Podemos ¿Galicia? dar máis vergoña allea e sermos máis madrillegos?". Poden, poden... Iste é un dos millores exemplos da razón pola que a Galiza é unha colonia.

1 Kakaunto

Ken ven sendo este personaxe?