Aumenta a presión sobre a Xunta para que faga fronte á "dramática" situación das residencias

SOS Sanidade Pública pide rematar coas restriccións de acceso a centros sanitarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2020 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

A plataforma SOS Sanidade Pública promoverá mocións nas institucións galegas coas que pretende reclamar ao Servizo Galego de Saúde que elimine as restricións de acceso a centros sanitarios motivadas pola pandemia.

Trátase dun dos puntos acordados na reunión do colectivo celebrada de forma telemática e á que asistiron representantes dos sindicatos CIG e CC.OO, os partidos políticos BNG, PSdeG, Podemos e Esquerda Unida e outros colectivos como Enfermeiras Eventuais en Loita ou o Movemento Galego de Saúde Mental.

Deste xeito, no encontro, que tamén serviu para preparar a próxima comparecencia de SOS Sanidade Pública na comisión de reactivación pola covid que hai constituída no Parlamento de Galicia, a plataforma decidiu promover e apoiar o rexistro de mocións en concellos, deputacións e na Cámara autonómica para reclamar o fin das restricións de acceso a servizos sanitarios e que se faga fronte á "dramática" situación das residencias de maiores.

Así mesmo, avanzan a convocatoria de mobilizacións locais, expostas de forma "testemuñal" e con presenza de pouca xente para así poder respectar as medidas de seguridade. Serán naqueles concellos que presenten "situacións críticas" en materia sanitaria e empregaranse para a elaboración dun documento con reivindicacións que pretende crear "unha gran alianza social e sanitaria" para facer fronte á crise do covid. Toda esta acción de solicitar información sobre a situación da sanidade en todos os concellos de Galicia servirá de base para a presentación dunha queixa formal ante o Valedor do Pobo.

MOBILIZACIÓN VIRTUAL

Ademais destas pequenas manifestacións, SOS Sanidade Pública tamén traballa na organización dunha mobilización virtual aberta á poboación que levaría a cabo a través dunha plataforma de streaming.

Por outra banda, a plataforma quere establecer contacto coas distintas organizacións que participaron no Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia para demandar "de forma unitaria" que leven a cabo reunións de seguimento á aplicación dos acordos para a reconfiguración da atención primaria na sanidade galega.

Un traballador sanitario totalmente protexido acoden a buscar a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 2020.. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido acoden a buscar a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 2020.. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta