Ribeira e A Estrada entran no nivel máximo de alerta, no que están case 40 concellos

Viveiro, Salvaterra e Salceda saen do nivel 1.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2020 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

Os municipios de Ribeira e da Estrada, situados nas provincias da Coruña e Pontevedra, respectivamente, pasaron a nivel 3 de alerta pola evolución da incidencia da COVID-19.

Así se reflicte nos datos das autoridades sanitarias plasmados no mapa de incidencia da pandemia este mesmo xoves, no que o total de concellos que se atopan neste nivel (coloreados en vermello) descenderon a 39.

Na provincia de Lugo mantéñense en alerta vermella un total de catro municipios: Vilalba, Lugo, Monforte e Chantada. Viveiro, pola súa banda, sae deste grupo e pasa a alerta laranxa, de nivel dous. Así mesmo, Ourense segue igual, con Xinzo de Limia e Ribadavia en nivel vermello.

A provincia de Pontevedra, pola súa banda, suma A Estrada no nivel 3 de alerta, no que tamén se atopan Lalín, Vilagarcía de Arousa, Ribadumia, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, O Grove, Marín, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Mos, Ponteareas, O Porriño, Tui e A Guarda. Os municipios de Salvaterra e Salceda, pola súa banda, lograron saír do grupo en alerta máxima e atópanse xunto ás localidades en nivel laranxa.

Ribeira súmase aos concellos en nivel vermello da provincia da Coruña, no que tamén están Teo, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Malpica, Coristanco, Carballo, Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Narón e Ferrol.Pola súa banda, os municipios de Ames, Cee e Fene saíron da alerta máxima e pasaron a nivel laranxa.

NIVEL DOUS

Un total de 26 municipios atópanse, ademais, no nivel dous de alerta por coronavirus.En concreto, Sarria, Cervo e Viveiro na provincia de Lugo; e Barbadás, Ourense, A Rúa e Verín na provincia ourensá. Así mesmo, Tomiño, Salceda, A Cañiza, Moaña, Cangas, Cambados, Caldas de Reis rexistran alerta laranxa na provincia de Pontevedra e Noia, Santiago, Ames, Cee, Santa Comba, Laxe, Camariñas, Ponteceso, Ordes, Bergondo, Sada, e Fene na provincia coruñesa.

Mapa de incidencia en Galicia do 12 de novembro de 2020
Mapa de incidencia en Galicia do 12 de novembro de 2020 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta