Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 12:40
O comité clínico que asesora á Consellería de Sanidade durante a pandemia da COVID-19 decidiu este venres elevar as restricións no municipio de Ribadavia e en toda a comarca de Bergantiños --salvo o concello da Laracha--, polo que estas áreas quedarán confinadas perimetralmente e deberán pechar a hostalaría.
Así o avanzou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ao comezo da rolda de prensa para informar das novas medidas adoptadas polo comité para reducir a incidencia do coronavirus nestas áreas.
Ademais, o conselleiro explicou que se valorou "de forma detallada" a situación en Arzúa, Chantada e Sanxenxo, aínda que por agora non haberá maiores restricións, senón que "seguirán en seguimento detallado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.