Acusan á Xunta de encubrir irregularidades na mina de litio de Beariz

ContraMINAcción sinala que a denegación a explotación por informes negativos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, é unha manobra para eludir á xustiza.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/11/2020 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

A Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción alerta que a explotación mineira Alberta I, afectaría a 1.680 hectáreas e a unha lonxitude de terreo de 12 quilómetros. A negativa ao permiso solicitado por Recursos Minerales de Galicia S.A., segundo ContraMINAcción evita, “polo de agora”, a destrución dunha grande superficie de territorio entre os concellos de Beariz, Avión e Forcarei.

Terreos onde se instalaría a mina de litio Alberta I
Terreos onde se instalaría a mina de litio Alberta I | Fonte: pontevedra viva

ContraMINAcción mostra a súa preocupación a que a “empresa recorra esta decisión”. Para iso, o colectivo ambientalista cre que Recursos Minerales de Galicia SA, presentará unha nova solicitude sen incorrer “de maneira tan descarada” e con irregularidades e defectos dentro do proceso administrativo.

Entre as irregularidades sinaladas polo colectivo contrario ao proxecto mineiro, sinala a falta do informe de impacto ambiental, “informe esencial para a súa aprobación”. Ademais, enganden que todo isto ten o “consentimento de altos cargos das consellarías de Medio Ambiente e Economía”, departamentos aos que apuntan a posibilidade de ter “incorrido en presuntos delitos de prevaricación”.

O colectivo de organizacións ambientalistas toman “con cautela” a noticia da negativa a Alberta I, aínda que insisten na posibilidade dunha manobra para evitar a acción da xustiza. Engaden ademais que todo o proxecto mineiro conta “co amparo de ferramentas como a Lei de Depredación de Galicia para facilitar a súa aprobación”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 miñoca

Que a Empresa recurra é normal está no seu dereito. CONTRAMINACCION, ao meu entender, non debería lanzar insinuacións sobre o consentimento de altos cargos das Consellarias de Medio Ambiente e Economía que poderían ter incorrido nun delito de prevaricación. Se esto non é un "postureo" xa estades tardando en poñelo en coñecemento da Xustiza. Nos seus soños húmidos contraMINAcción ve manobras para evitar a acción da xustiza. está acción non funciona se non se pon en coñecemento. Seguro que o cese de Tahoces foi cousa vosa,jajaja. E no foguete final LEI DE DEPILACION. ECOPIJOS''