As galegas mobilízanse contra a reforma do aborto

A práctica totalidade de colectivos de mulleres e de esquerda do país secunda a manifestación contra a Lei que promove Gallardón. A protesta unitaria organizarase en xuño en Santiago Compostela.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/05/2013 | Actualizada ás 03:21

Comparte esta noticia

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca unha marcha contra a modificación da Lei que regula a interrupción do embarazo. A "manifestación polo dereito a decidir sobre os nosos corpos" será o próximo 16 de xuño a partir das 12 do mediodía en Santiago de Compostela.

Axentes da UIP impiden ás feministas manifestarse. Foto: Gzcontrainfo
Axentes da UIP impiden ás feministas manifestarse. Foto: Gzcontrainfo

A práctica totalidade de colectivos feministas do país apoian esta mobilización. Fano tamén a maioría de organizacións partidarias de esquerdas, incluídas as presentes no Parlamento de Galicia: PSdeG; os socios en AGE Anova, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista e o Bloque.

A lista completa de colectivos integrantes da plataforma é esta: Adiante, AGIR, Andaina, ANOVA, Asamblea de Mulleres de Galiza Nova, Asociación CDR Virxe do Carme de Camariñas, Asociación de Mulleres Dorna, Asociación Enriqueta Otero, Asociación “Finisterrae” de profesionais de desenvolvemento local (AFIPRODEL), Asociación Galega de Saúde Sexual (AGASEX), Asociación Líder, Asociación profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega (APAIOGA), Asociación Púrpura, Asociación Teenses pola Igualdade, BNG, Briga, CCOO de Galicia, Comités, Conas Ceives, CIG, CUT, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, STEG, Federación de asociacións de Mulleres rurais de Galicia (FADEMUR), Foro Feminista Falando Nós, FPG, Grupo GTB 7 cores, ISCA!, Liga Estudantil Galega, Marcha Mundial das Mulleres, Médicas do mundo, Mocidade Nacionalista Galega, Mulleres en Acción do Barbanza, Mulleres Luguesas contra a violencia de xénero, Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG), Mulleres progresistas Alba, Mulleres progresistas de Poio, Nós-UP, Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Plataforma SOS Sanidade Pública, PSdeG-PSOE, Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo, Rede Feminista Galega, Rede provincial Pontevedra pola Igualdade, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Sexoloxía, UGT Galicia, Unións Agrarias-UPA Galicia, Viudas Demócratas de Vigo, Xuventude Comunista de Galiza, Xuventudes Socialistas de Galicia. O grupo di ter tamén o "apoio" da Deputación de Lugo e do Consello da Muller do Concello de Vigo.

A Plataforma argumenta que a reforma que impulsa o ministro Ruíz Gallardón supón un "aborto diferente para ricas e pobres" pois é "volver a un tempo onde, as que podían, viaxaban ao estranxeiro para abortar ou o facían clandestinamente". Ademais, denuncian "unha volta á minoría de idade das mulleres" que coa Lei que impulsa o PP  necesitarán o permiso dun profesional ou do titor  (no caso das menores de idade), para poder interromper a xestación.

As mulleres sinalan que a chamada "lei de prazos", actualmente vixente, é o modelo adoptado pola maioría dos países da nosa contorna. A Lei permite á muller embarazada, dentro dun prazo determinado (14 semanas neste Estado), realizar unha interrupción do embarazo, dentro do sistema público de saúde de maneira gratuíta, sen quedar supeditada na súa actuación á opinión ou ditame doutras persoas.

Acción Feminismos Em Escracho
Acción Feminismos Em Escracho | Fonte: Feminismogaliza

Actos esta fin de semana

A  "manifestación nacional" na capital do país será a culminación dun prolongado calendario de mobilizacións . Por exemplo, este sábado as 18:30 un grupo de mulleres denunciará que "o concelho promociona unha asociación próxima ao Opus Dei como é a Red Madre". Ao día seguinte en Vigo hai unha "Acción - protesta e reparto de información no entorno do edificio da Xunta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 Verme

O que dí e moito da regresión na que vivimos esta é a da reinmersión relixiosa nas nosas vidas, e na educación dos noso fillos. A igrexa metida en ovarios alleos. España cheira a botafumeiro

7 El macho ibérico

Lo que tienen que hacer las gallegas, especialmente esas de las protestas, es ponerse a parir, que hace mucha falta aumentar la natalidad y dejarse de vicios y tanto fornicar con condón. Mejor a pelo, que da más gusto y favorece la procreación.

6 Manoliño

Teño a impresión que cantas mais asociacións e grupos apoian unha iniciativa, menos representatividade social teñen. Esto é como a última manifa de Queremos galego, apoiada por unhas 900 asociacións segundo se dixo ¿e cantos foron? ¿Alguén pode afirmar en serio que representan a unha parte significativa da sociedade galega? Probade a criticar a AGE na rede, ou a un grupo independentista. En seguida saen quince tíos, a maior parte clones, que montan unha festa e poñen a parir ao que critica. Antes das últimas autonómicas, se un ía ás redes sociais, parecía que ninguén estaba con Feijoo. Chegaron as eleccións, e arrasou. As últimas enquisas do CIS din que o 73% dos españois se consideran católicos. Como o aborto é un pecado castigado con pena de excomunión mayor tanto para a abortista como para calquera que colabore con ela, moito me temo que a sociedade está, salvo tres, contra estas prácticas, éticamente admisibles en moi pouquiños casos.

1 a galinha e o ovo

Manoliño é porno duro. Porno duro é Manoliño

2 La niña del exorcista

Manoliño=Bernardo Álvarez=Miguel Álvarez=Bibliotecaria Monaguilla vai fozar aos arquivos

3 Manoliño

Xa apareceron as da mesa, i eu preocupado ¿Cantos aniños leva liberada o Callón? http://laninhadelexorcista.blogspot...

5 que tristura

Poderían titular "Polo dereito a matar con total impunidade"

1 noxo me da

matar matan os que apoian as guerras con mentiras de armas de destrucción masiva,e deixan morrer de fame a xente sin traballo é sin esperanza de topalo, claro que rezando todo se consigue...canta hipocresía!

2 que tristura

Eu estou en contra de todos os que matan. Para hipocresía e demagoxía a túa!!

3 noxo me da

Un fillo é o máis importante para unha muller,o aborto sempre é un trauma e ningunha muller o realizaría a lixeira,pero a elección do momento oportuno é ela quen debe decidilo non o sr,ministro ni o obispo de turno.A propósito de hipocresía,preocúpate dos xa nacidos que teñan unha vida digna con dereitos e deberes, solo tes que mirar derredor.

4 leliaila

Señor "que tristura": refírese vostede ao dereito que ten o alto tribunal salvadoreño(mellor con minúsculas)que se considera co dereito a matar unha moza de 22 anos, preñada dun feto inviable?. Hai amores á vida que matan. As mesmas xerarquías eclesiásticas que loitan por negar o dereito a decidir a maternidade polas mulleres, contemplan indiferentes a violencia de xénero, a pederastia xeneralizada ou a morte dun inmigrante de 24 anos, sen papeis, vítima dos recortes en sanidade. Por outra parte, o estado vaticano teño entendido que se atopa entre os maiores inversores en industria armamentística do mundo. Agora vai resultar que as armas fan aloumiños virtuosos. Por certo, as campañas da xerarquía católica contra o preservativo, tamén matan.

4 Naiciña

O dereito sobre a maternidade é da muller. Ata o día que nace a criatura, é vontade da proxenitora telo ou non. Non hai máis voltas. Nin prazos nin supostos. A decisión nos nove meses de xestación son da nai.

1 Walton

Así de simple. Non descubriches nada novo. Lévala clara para que o entendan os fanáticos que teñen os seus cerebros podrecidos polo cristianismo.

2 Manoliño

Afirmacións extraordinarias como as de Naiciña requiren probas fora do común. Non é iso o que di TC. Xa sabemos que ninguén é persoa de acordo co Código Civil até que pasen 24 horas de vida extrauterina, o que non significa que se poida matar un bebé de 23 horas. A doctrina do TC outorga dereitos ao nasciturus, e en absoluto di que o feto poida tratarse como un tumor ou unha verruga sobre a que a nai poida decidir se extirpa ou non. O aborto é de acordo con esa doctrina un delicto, despenalizado en determinados supostos, pero non deixa de ser un ilícito penal sobre o que se aplica unha sorte de amnistía para determinados suposto nos que os dereitos da nai están por encima que os do feto, que tamén os ten.

3 lois

Xustamente. Se a nai quere matar ao crío antes de telo, está no seu perfecto dereito. E punto. O neno que iría nacer importa un carallo, e o pai, ese por suposto nada. Quer nazcan ou non os nenos depende so da nai, de que non lle resulte incómodo, ou que lle mole mais ou menos.

4 Manoliño

¿Qué Dereito? Un pouquiño de porfavor... ¿Dereito a tratar ao nasciturus como unha verruga ou un tumor? Dereito parcial que insisto, unha vez mais, que a doctrina do TC outorga dereitos ao feto. E o outro é confundir os desexos coa realidade. Temos a natalidade polo chan, non se deben promover as políticas proabortistas. Por outra banda, as cuestións de xénero, cando se fai caso a algunhas mulleres das chamadas feministas --que moitas delas para min o que teñen é odio aos homes, por moi diversos motivos-- non se arranxa nada, todo se revolve. Aí está a prostitución, prohibida, pero exercida sen que poidan cotizar á S.S. e ter pensión; aí está a violencia de xénero, que se incrementan as penas esquecendo o de aborrecer o delicto e compadecer o delincuente, e nunca houbo tantas mortes de mulleres, etc. Eso sí, tramas clientelares e de poder que permiten enchufarse ou cobrar subvencións por parte dunhas cantas caras, para dar cun zoco.