As galegas mobilízanse contra a reforma do aborto

A práctica totalidade de colectivos de mulleres e de esquerda do país secunda a manifestación contra a Lei que promove Gallardón. A protesta unitaria organizarase en xuño en Santiago Compostela.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/05/2013 | Actualizada ás 03:21

Comparte esta noticia

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca unha marcha contra a modificación da Lei que regula a interrupción do embarazo. A "manifestación polo dereito a decidir sobre os nosos corpos" será o próximo 16 de xuño a partir das 12 do mediodía en Santiago de Compostela.

Axentes da UIP impiden ás feministas manifestarse. Foto: Gzcontrainfo
Axentes da UIP impiden ás feministas manifestarse. Foto: Gzcontrainfo

A práctica totalidade de colectivos feministas do país apoian esta mobilización. Fano tamén a maioría de organizacións partidarias de esquerdas, incluídas as presentes no Parlamento de Galicia: PSdeG; os socios en AGE Anova, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista e o Bloque.

A lista completa de colectivos integrantes da plataforma é esta: Adiante, AGIR, Andaina, ANOVA, Asamblea de Mulleres de Galiza Nova, Asociación CDR Virxe do Carme de Camariñas, Asociación de Mulleres Dorna, Asociación Enriqueta Otero, Asociación “Finisterrae” de profesionais de desenvolvemento local (AFIPRODEL), Asociación Galega de Saúde Sexual (AGASEX), Asociación Líder, Asociación profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega (APAIOGA), Asociación Púrpura, Asociación Teenses pola Igualdade, BNG, Briga, CCOO de Galicia, Comités, Conas Ceives, CIG, CUT, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, STEG, Federación de asociacións de Mulleres rurais de Galicia (FADEMUR), Foro Feminista Falando Nós, FPG, Grupo GTB 7 cores, ISCA!, Liga Estudantil Galega, Marcha Mundial das Mulleres, Médicas do mundo, Mocidade Nacionalista Galega, Mulleres en Acción do Barbanza, Mulleres Luguesas contra a violencia de xénero, Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG), Mulleres progresistas Alba, Mulleres progresistas de Poio, Nós-UP, Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Plataforma SOS Sanidade Pública, PSdeG-PSOE, Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo, Rede Feminista Galega, Rede provincial Pontevedra pola Igualdade, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Sexoloxía, UGT Galicia, Unións Agrarias-UPA Galicia, Viudas Demócratas de Vigo, Xuventude Comunista de Galiza, Xuventudes Socialistas de Galicia. O grupo di ter tamén o "apoio" da Deputación de Lugo e do Consello da Muller do Concello de Vigo.

A Plataforma argumenta que a reforma que impulsa o ministro Ruíz Gallardón supón un "aborto diferente para ricas e pobres" pois é "volver a un tempo onde, as que podían, viaxaban ao estranxeiro para abortar ou o facían clandestinamente". Ademais, denuncian "unha volta á minoría de idade das mulleres" que coa Lei que impulsa o PP  necesitarán o permiso dun profesional ou do titor  (no caso das menores de idade), para poder interromper a xestación.

As mulleres sinalan que a chamada "lei de prazos", actualmente vixente, é o modelo adoptado pola maioría dos países da nosa contorna. A Lei permite á muller embarazada, dentro dun prazo determinado (14 semanas neste Estado), realizar unha interrupción do embarazo, dentro do sistema público de saúde de maneira gratuíta, sen quedar supeditada na súa actuación á opinión ou ditame doutras persoas.

Acción Feminismos Em Escracho
Acción Feminismos Em Escracho | Fonte: Feminismogaliza

Actos esta fin de semana

A  "manifestación nacional" na capital do país será a culminación dun prolongado calendario de mobilizacións . Por exemplo, este sábado as 18:30 un grupo de mulleres denunciará que "o concelho promociona unha asociación próxima ao Opus Dei como é a Red Madre". Ao día seguinte en Vigo hai unha "Acción - protesta e reparto de información no entorno do edificio da Xunta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

3 Arquiveiro

Ánimo e sorte coa vosa loita! Tedes todo o meu apoio.

1 lois

Pois non sei cal é a loita ¿ Que as mulleres podan matar aos nenos que terían que nacer cando lles pete, e que os teñan só se lles mola, ou non lles resulta incomodo ? ¿ Que a vida dos fetos depende só, unica e exclusivamente, de si a nai quere ou non matalos? ¿ So existe o egoismo da nai ? ¿ Os nenos que terían que nacer e xa non digamos o pai non pintan nada? ¿ Non cheira todo eso a egoismo salvaxe? ¿ Seica non hai xente que non está a prol do aborto sen que teña nada que ver eso con posturas católicas?

2 Akribéstaton

Eu estou em contra dos que falam destes temas "sem temor nem tremor", pois é um assunto difícil e há muita hipocrisia e irresponsabilidade nos dous bandos. O problema é que as formulações corretas do problema são as extremas: ou todos ou nenhum. Eu não saberia como justificar (entende-se, racionalmente, com argumentos universais que reconheçam a dignidade humana) o aborto dum feto manifestamente inviável fruto duma violação. Mas estar com os hipócritas como lois, que falam em egoísmo quando a nossa sociedade faz disso PRINCÍPIO CONSTITUTIVO, e mesmo necessita da existência de crianças na rua, malnutridas e malformadas, e quando sabem POSITIVAMENTE que os poderosos que clamam contra o aborto enviaram, enviam e enviarão suas donas e filhas a abortarem onde for mister, é demasiado vergonhoso para ser beligerante contra @s pró-aborto.

3 alter iado

Pedrito Bravo, parece-me mui bem que queiras padronizar no teu portunhol ortográfico isso de "eu estou contra ... ", mas acusares o sistema de hipocrisia, por perpetuar a pobreza infantil, quando sabemos que ti trabalhas para o mesmo sistema, na escola para produzir individuos atordoados e submissos com ele, é algo que ilustra perfeitamente a tua hipócrita nojenta natureza.

2 Manolo2

El titular es bien tendencioso. Hay que hacer un curso de ética periodística. Debería poner: algunas galegas mobilizanse contra a reforma del aborto. Echo de menos a la Asociación de Mujeres Nacionalsocialistas del III Reich que sin duda estarían de acuerdo con asesinar a todo crío que tuviera el más mínimo defecto.

1 Spidercan

A ver si hai sorte. Que vaian todo o goberno en avión como en Polonia e se estrele. Eu brindaría con cava a boa nova. E máis nada. Adiante. Se alguén tinha dúvidas das dúas espanhas tem o asunto resolto.

1 Manolo2

Si se permiten este de intervenciones yo solicito que vayas tu en el avión estrellado