Falece o empresario José Ramón Pérez Nieto, presidente executivo do Grupo Pérez Rumbao

O Foro Económico de Galicia mostra o seu "profundo pesar" polo seu pasamento.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 17/11/2020 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O empresario José Ramón Pérez Nieto, presidente executivo do Grupo Pérez Rumbado --dedicado á automoción--, faleceu o pasado luns. Nun comunicado, o Foro Económico de Galicia mostra o seu "profundo pesar" polo falecemento de Pérez Nieto, que era membro desta entidade.

José Ramón Pérez Nieto, coa presidenta de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro
José Ramón Pérez Nieto, coa presidenta de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro | Fonte: Cruz Vermella.

"É unha enorme perda para unha das empresas familiares con maior recoñecemento de Galicia. Asumiu a presidencia do Grupo Pérez Rumbao hai oito anos e desde entón dirixiu con eficacia unha compañía que soubo proxectarse desde a súa Ourense natal a toda Galicia converténdose nun referente do sector da automoción", valora.

Así mesmo, mostra o seu pésame a toda a familia, en particular ao seu irmán e presidente do Foro Económico, Emilio Pérez Nieto.

"José Ramón Pérez Nieto gozaba do respecto e agarimo de todos os integrantes da nosa entidade como un empresario comprometido coa súa terra e o seu desenvolvemento económico e social", destaca o Foro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta