Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2020 | Actualizada ás 17:38
A portavoz nacional, Ana Pontón, sinalou a necesidade dun plan de actuación urxente baseado en tres ámbitos, social, económico e sanitario para Ourense, tras lamentar que a situación da cidade "só empeorou". Así, apuntou ao Partido Popular e ao Partido Socialista como os responsables por "poñer os seus intereses partidistas por encima da vecinanza".
Pontón reiterou que a "parálise" da cidade se debe a que estas formacións "son cómplices necesarios" e recriminou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo "podería evitar a situación" se non "sacrificase a cidade por manter o Baltarismo" e "se deixase de empregar Ourense como banco de probas dos experimentos para o resto de cidades".
Neste sentido, manifestou que o Bloque Nacionalista Galego propón "un plan urxente para Ourense" con tres medidas concretas "que actúen de inmediato en materia de sanidade, sociedade e economía", fronte á "parálise do goberno local e a falta de acción política da Xunta de Galicia".
SANIDADE
No ámbito sanitario, Pontón subliñou que Ourense "non pode seguir sendo a marca de precariedade en Galicia" e criticou que, "por falta de materiais e de recursos humanos" están "a derivarse pacientes a Vigo". Así pois, apelou "ampliar a carteira de servizos do CHUO para que funcione como un gran hospital" lamentado que "non ten á de xeriatría nin unha unidade para o tratamento do ictus, que ten unha gran incidencia na poboación pola súa demografía envellecida".
Deste xeito, puxo o foco en "reforzar o persoal e os servizos" pero tamén en "a necesidade de desconfinar" a atención sanitaria e pór fin a "a telemedicina", o que "impide que moitas persoas enfermas non teñan acceso aos seus médicos de atención primaria". Por iso, instou á Xunta a poñer as medidas necesarias para que sanidade poida atender a situación da pandemia, así como tamén aquelas enfermidades que xa existían previamente.
MATEIRA SOCIAL
En canto á situación social, incidiu en que a pandemia complicou máis a situación de pobreza de moitas familias de Ourense. Así, apuntou que "a taxa de pobreza é 3 puntos máis alta que a que se rexistraba tras a crise do 2008", cifras que cualificou de "desoladoras e demoledoras".
Así mesmo, destacou que "todos vimos as colas por conseguir alimentos e produtos básicos", por iso asegurou que "nun concello cun remanente de case 100 millóns de euros" debería ser empregado para liquidar as necesidades sociais e económicas dos seus cidadáns, "pero para iso Feijóo e o Partido Popular teñen que deixar de ser cómplices da parálise", apostilou Ana Pontón, en referencia a que pediu facilitar un goberno alternativo ao de Jácome.
ECONOMÍA
En materia económica, Pontón subliñou a necesidade de axudas para os sectores que están máis afectados polas distintas restricións, autónomos e pemes. Para iso propuxo unha liña de rescate de 200 millóns de euros a cargo dos orzamentos da Xunta de 2021 coa posibilidade de ser ampliados.
Unha segunda liña de axuda á hostalaría e ao turismo de 30 millóns de euros para "compensar como mínimo o 50% das perdas derivadas dos seus peches a causa do covid". Ademais, a portavoz nacionalista, indicou que "Ourense e os seus concellos limítrofes" serían "preferentes" posto que sufriron as distintas limitacións cun mes de anterioridade ao resto de cidades galegas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.