Obradoiro e Santiago Futsal, fin á tempada

Os dous equipos composteláns perden a súa eliminatoria de cuartos e din adeus aos play-off polo título.

Por gcdeportes | Compostela | 26/05/2013 | Actualizada ás 22:52

Comparte esta noticia

O Obradoiro, co Real Madrid; e o Santiago Futsal, co ElPozo Murcia. Os dous equipos santiagueses que xogaban os play-off polo título, cada un no seu deporte, perderon a mañá do domingo a primeira eliminatoria e poñen deste xeito fin á tempada.

No Fontes de Sar, o Blusen Monbus, despois de ser desconvocada a folga de xogadores, enfrontabase ao máximo favorito ao título, o Madrid de Pablo Laso. Despois da derrota o venres en Madrid (90-75), xogábase estirar a eliminatoria a un terceiro partido, pero caeu por 58-74. Se no partido de Madrid foi no segundo cuarto, en Sar o Obra aguantou ata o descanso (33-34) e foi no terceiro, da man dun inspirado Carrol (25 puntos), cando o Madrid fuxiu no marcador. Ao final, a afección homenaxeou aos seus xogadores pola mellor tempada na historia do Obradoiro, coa primeira clasificación para os play-off. O negativo: certo cheiro a despedida nalgúns xogadores locais. O público berrou a moitos deles (Kendall, Dewar...) para que fiquen no Obra. Mejri, por exemplo, parece ter firmado xa co rival de onte, o Real Madrid.

Mentres, en Murcia, ElPozo derrotou (8-1) ao Santiago Futsal no terceiro e definitivo partido de cuartos de final. O conxunto murciano cimentou a súa vitoria nun gran segundo periodo con sete goles tras o empate (1-1) co que se chegou ao tempo de lecer. Miguelín, Grello e Alex Yepes marcaron por partida dobre para os locais. Alan Brandi marcou para os santiagueses a 38 segundos para o descanso. O Santiago Futsal gañara o primeiro partido da eliminatoria en Santiago, pero perdeu os dous seguidos (venres e domingo) en Murcia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta