Feijóo premia ao ex conselleiro de Sanidade coa presidencia do Porto de Vigo

Tamén sitúa ao ex delegado territorial da Xunta en Pontevedra no Porto de Vilagarcía.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/11/2020 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O ex conselleiro Jesús Vázquez Almuíña seguirá como alto cargo da Xunta. A pesar do seu relevo ao pronte da Consellería de Sanidade esta lexislatura, e parte debido a xestión da pandemia da Covid, o presidente Feijóo decidiu premialo coa presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo, cargo no que cesa o tamén ex conselleiro con Fraga e eurodeputado Enrique López Veiga.

O ex conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante a rolda de prensa.. CONCHI PAZ
O ex conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante a rolda de prensa.. CONCHI PAZ

Non será o único cambio nos entes portuarios. A Xunta cambiará os presidentes de tres autoridades portuarias máis; a da Coruña, Vilagarcía de Arousa e Ferrol-San Cibrao. Así, o novo presidente da Autoridade Portuaria da Coruña será Martín Fernández Prado que

substituirá no cargo a Enrique Losada, mentres que na Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, o seu novo presidente será Indalecio Seijo Jordán, que substituirá no cargo a José Manuel Vilariño 

Pola súa banda, o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa será José Manuel Cores Tourís, que asumirá o posto en lugar de Sagrario Franco Malvar. Cores Tourís ocupa este espazo logo de ser delegado territorial da Xunta en Pontevedra entre os anos 2009 e 2020. 

NOVO XEFE DE COMUNICACIÓN

Pola súa banda, o Consello da Xunta decidiu nomear ao xornalista Marcos Gómez Román como novo xefe de Comunicación da Xunta en substitución de Lucas Martinón, que cesou a pasada semana. Marcos Gómez traballou primeiro como xefe de prensa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e desde xaneiro de 2020 como xefe de prensa da Presidencia da Xunta. Previamente traballou en Xornal, Europa Press e na Axencia Galega de Noticia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta