As líderes de BNG e Sinn Féin cren que os "grandes cambios" en política poden vir "desde as periferias"

McDonald e Pontón tamén abordaron a crise do covid ou a situación do feminismo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2020 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

As líderes de BNG, Ana Pontón, e Sinn Féin, Mary Lou McDonald, coincidiron en que, nun momento de reconfiguración a nivel europeo, os "grandes cambios" poden chegar "desde as periferias" ante o "fracaso" dunha Europa configurada en torno "aos Estados" e aos "grandes centros de decisión".

Pontón e McDonald, primeiras mulleres que encabezan as principais organizacións nacionalistas de Galicia e Irlanda, compartiron unha conversación en liña organizada pola Fundación Galiza Sempre e que estivo dirixida por Xabier Macías.

Así, galega e irlandesa abordaron a actualidade desde a mirada dos seus respectivos países, marcada pola crise da covid-19 ou a reconfiguración do proxecto comunitario coa saída do Reino Unido da Unión Europea.

Neste punto, Mary Lou McDonald sinalou que o voto a favor do 'Brexit' debeuse á existencia de "un nacionalismo inglés estreito" pero tamén como resposta "aos fracsaso da UE" que, segundo a irlandesa, "puxo o mercado por encima de todo" a través dunha "superestructura federal que rouba capacidade de decisión".

Tras cualificar de "moi perigoso" o papel xogado polo primeiro ministro británico, Boris Johnson, ao levar ata o "último momento" a saída do Reino Unido da UE, McDonald apuntou que o 'Brexit' devolveu "ao centro do debate doméstico" a división de Irlanda.

Para a líder nacionalista, trátase dun debate, o da reunificación de Irlanda, que debe encararse, aínda que evitou pór prazos para a celebración dun referendo, pois, aínda que a súa posibilidade está recollida nos tratados de paz, o paso último para a súa autorización ha de proceder de Londres.

"O sistema europeo deberíanos apoiar na persecución do noso dereito pola autodeterminación nacional", sentenciou a presidenta do Sinn Féin, que puntualizou que Irlanda non está "illada" nesta "loita", senón que esta é compartida con "outros pobos" como o galego.

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou que a Unión Europa como "unha estrutura de Estados fracasou" e que o proxecto debe "repensarse" se se pretende "dar unha solución" aos problemas dos pobos europeos.

"Hai que camiñar cara a unha Europa social, que ten que ser a Europa dos pobos", sentenciou a líder frontista, que lembrou que o dereito de autodeterminación está considerado "como un dereito fundamental".

Nesta liña, tras censurar que no caso de Cataluña a UE tomase partido "por unha decisión" que "non" pode aceptarse desde postulados "demócratas", Ana Pontón apostou por romper con "as políticas pensadas para favorecer aos estados centrais". "É a clave para construír unha Europa social", apostilou.

COVID E FEMINISMO

Ademais do futuro de Europa, McDonald e Pontón tamén abordaron a crise do covid ou a situación do feminismo. No seu caso, como primeiras mulleres que lideran os seus respectivos partidos, apelaron a non dar por feito "que xa se conseguiu moito" na loita pola igualdade, pois seguen estando sobre a mesa problemas como a violencia machista ou a brecha de xénero, cuxa vixencia, din, quedou en evidencia durante esta pandemia.

"As que nos sacaron adiante estes meses foron mulleres precarizadas. Con elas temos unha débeda", sentenciou Pontón, á que se sumou Mary Lou McDonald, que consideraría "imperdoable" que a crise do covid "non sirva para corrixir" a problemática do traballo precario. "Se non o consegue esta crise, non se o que poderá facelo", engadiu.

Mary Lou McDonald, Sinn Feinn
Mary Lou McDonald, Sinn Feinn | Fonte: twitter

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 SANDS

TAL & freedon, saoirse agus liberdade!

3 Xavolve

Ben polo BNG tecendo fíos de colaboración con forzas significativas doutras nacións. Istes líderes nin se farían unha fotografía con xente coma o noso narcopresidente nin co alucinado nugallao do Abascal. Galiza ten que ter proxección internacional e estar en todos os foros e non nos sobran amigos (sobrannos os intolerantes coma os opinólogos dembaixo).

1 Ricardo R.

Claro que sí. Para ejemplos tolerancia, el tiro en la nuca y el coche bomba. Estupendos ejemplos de respeto a los demás. Por cierto, cuánto cobras en un puesto público por el partido?

2 Gamela

Ja ja ja... Galiza ten que ter proxección internacional ... ja ja ja Sinn Féin é máis ou menos coma CocaCola !

2 Gamela

Seguimos na mesma liña UPG de toda a vida http://www.galizasempre.org/padroad... eso sí agora o que move os fíos xa non dá a cara (Paco Rodríguez) ? Sen dúbida Galicia ten un amplo Exército de Liberación Nacional ás súas costas (hoxe na Audiencia Nacional con Causa Galiza e Bieto Lobeira de Comisario Político sen cargos!) como para partillar futuro coa República de Irlanda (?) Ana Pontón non debe ter nada mellor que facer que soñar con Repúblicas Inexistentes (?)

1 José

As autoridades sanitarias recomendan fregar os dentes polo menos unha vez ao día e, en determinados casos, facer tamén gárgaras. Aplíquese o conto.

2 Gamela

Levamos 56 anos facendo gárgaras ! UPG UPG UPG !

1 Ricardo R.

En la línea habitual. El BNG haciendo pactos con los brazos políticos de antiguos grupos terroristas. Ahora solo queda hacer una alianza internacional con el Estado Islámico.