Beiras, Francisco Rodríguez e Méndez Ferrín asinan contra a "represión política" da Operación Jaro

Medra a mobilización contra o proceso "a poucos días" de que a Audiencia Nacional faga pública a sentencia. Os apoio tamén chegan dende outros puntos do estado, coa sinatura de Otegi e outros líderes do independentismo vasco e catalán.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2020 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

O nacionalismo galego mobilízase contra a causa xudicial da Operación Jaro, no marco da cal en poucos días a Audiencia Nacional publicará as sentencias ás que se enfrontarán os 12 militantes independentistas de Causa Galiza e Ceivar no caso de que sexan condenados. Sobre os procesados pesan acusacións de enaltecemento do terrorismo e pertenza a organización criminal, polas que a Fiscalía española solicita penas que suman 102 anos de prisión.

Xuízo da Operación Jaro contra 12 independentistas galegos na Audiencia Nacional
Xuízo da Operación Jaro contra 12 independentistas galegos na Audiencia Nacional | Fonte: LoQueSomos

Nun contexto de crecente tensión pola sentencia que se aproxima, o nacionalismo galego vén de lanzar un manifesto de solidariedade pedindo a liberdade para os presos independentistas. Segundo destaca a comisión creadora, o alegato contra o "tribunal político de excepción deseñado e motivado para a represión política" vén de ser asinado por "case 2.000 persoas de todo o estado".

Entre os asinantes do manifesto figura unha "ampla representación de todo o abano político nacionalista e independentista galego". Segundo a plataforma, o texto conta xa co apoio de Néstor Rego, Noa Presas, Montse Prado, Iria Carreira, Miguel Anxo Fernán Vello, Bieito Lobeira, Ánxeles Cuña Bóveda, Francisco Rodríguez, Antón Sánchez, Xosé Manuel Beiras e a eurodeputada do BNG Ana Miranda. No eido cultural destacan as rúbricas de Xosé Luís Méndez Ferrín, Suso de Toro, Carlos Taibo, Xurxo Borrazás, Anxo Angueira, Xurxo Souto ou María Xosé Silvar “Sés”

O manifesto, explican, tamén "ten recollido o apoio e solidariedade de numerosas personalidades políticas e sindicais de fóra do país". Entre estes contan cargos de EH-Bildu como Arnaldo Otegi, Bel Pozueta ou Iñaki Ruiz de Pinedo, e da CUP; representantes de formacións políticas xuvenís de Asturies, Canarias e Castela; así como intelectuais ou xornalistas como Ramón Grosfoguel e Ralf Streck. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Casoplon con criadas galegas

Ni un p.... podemita entre os asinantes. Son lixo

1 Gamela

Sobre este asunto gostaríame reproducir os comentarios feitos ao pé deste artigo publicado en GCAberto http://www.galiciaconfidencial.com/... Nunca agradeceremos bastante a liberdade de expresión que grazas a GC podemos materializar libremente nun medio INDEPENDENTE en Galicia ! Agora que chega a paga extra sería ben apoiar económicamente aos compañeiros de Galicia Confidencial ! En tempos de Pandemia non todo vai ser para Bares e Cafeterías ! Polo Dereito a unha Información Veraz en Galicia ! Rásca o bolsillo !!!