Como pode ser a bandeira republicana galega?

Presentarase o sábado 29 de xuño na III Festa da República Galega. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Ordes | 03/06/2013 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

Como pode ser a bandeira republicana de Galicia?. O vindeiro sábado 29 de xuño terá lugar na Pontagra, vella Estación de Tren de Ordes, a III Festa da República Galega, un acto que conmemorará o 82 aniversario da proclamación desta data e servirá, tamén, para presentar unha nova bandeira; a da República galega.

Miro Igleisas fala desta nova bandeira que contén o famoso escudo de Castelao e un semicirculo azul que representa o pasado castrexo galego:

Escudo de Galicia deseñado por Castelao
Escudo de Galicia deseñado por Castelao


Actuacións, xogos e concertos

Esta festa contará cun aberto de billarda, unha cea popular, xogos populares para nenos, actos literarios e un oncerto de Leo i Arremecághona!!, Cé orquestra Pantasma e Xenderal.

"As pessoas que organizamos o evento, de associaçons da Laracha, Cerzeda e Ordes, gostariamos de convidar-vos a compartir com nós este dia. Pretendemos que o tecido associativo de todo o país tenha um espaço para exponher os seus trabalhos ou vender o seu material. Podedes traer um pequeno posto para dar-vos a conhecer, ou se o preferides simplesmente achegar-vos e unir-vos à festa!", apuntan os organizadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

10 Estevo1000

A bandeira da nación dos galegos é e será azul e branca, sempre se pode discutir o escudo, se debe telo que non todas as bandeiras o levan. Agora se queren inventar e que estean contentos catro amigos son moi libres de facelo.

9 Juan, el que sabe

La bandera de Galicia debería de llevar una gaviota bien grande, como símbolo de la aplastante mayoría social que habíta estas tierras, y otras tierras más lejanas, que lejos de extremismos separatistas ama esta tierra unida indivisiblemente a España como parte de un todo. Elecciones tras elecciones este es el sentimiento abrumadoramente mayoritario de los gallegos,todo lo demás es perder el tiempo, en épocas en las que no estamos para perderlo. Los gallegos distinguen bien entre quienes trabajan para el progreso y el bienestar y entre los que pierden el tiempo con quimeras y cantos de sirena.

1 galego do común

así nos vai...sen sectores produtivos, con paro, con emigración, desmemoriada e perdendo a nosa cultura.

2 espanhao

pois o juan leva razon. tinhaque levar non a ghaivota, unha bandeira de epanha có escudo do real madrid e debaixo unha inscricion que diga "en gallego no"

3 pasota

que lle estas agradecendo que te enchufaran, desde logo os que vos enchufou o pp sodes agradecidos eso si que e disciplina

8 Coiro

Moito máis importante ca franxa azul é o escudo, que representa o santo grial e a hostia para uns e para outros, digamos panteistas celtas, o solpor no cabo do mundo, no occidente, no imperio do sol poñente. Galicia é o primeiro reino cristián de Europa occidental, cos suevos. Máis tarde, niso que chaman os séculos escuros nós estabamos facendo a catedral de Santiago, santo e seña, espiña dorsal de occidente(mentres en Barcelona, Valencia, Toledo, etc, facían mesquitas). GALICIA OU É CELTA E CRISTIÁ OU NON É NADA. Alén das crenzas peroais de cadaquén. Deixádevos de bandeiriñas que xa temos unha ben fermosa e que fai honra ao noso papel trascendental na historia de Europa e do mundo.

1 griffon

Mais claro imposible Coiro!!!! concordo contigo, estamos perdendo un simbolos que xa quixeran outros...

7 pasota

vosouteos soñades, deixadevos de parvadas pensade mellor en porque gaña o pp as eleccions de calle e os nacionalismos venas vir, pensade en que o pp enchufou aos amiguetes e familias e son os que lle seguen votando, aos galegos imoortalles un carallo galicia importalles que lles enchufean aos fillos e a vivir, dadevos de conta dunha vez e deixadevos de utopias que non vos levan a ningures

1 ssss

PASOTA, agardo pronto que cambies de nome, e pases a ser ACTIVO, pero tes mais razón que un santo, os galegos temos os que nos merecemos, pero tes tamén que recoñecer que si non fora polo nacionalistas, por onde andariamos?.

6 Akribéstaton

O pasticho nacional... Uma perda de tempo, e de prestígio. Melhor potenciar os velhos vexilos que inventar uma bandeira feia (o que pinta a fouce? não percebem que as curvas se molestam? por que um escudo com um perfil tão complexo para umas figuras tão simples? [ http://pt.wikipedia.org/wiki/Bras%C... ]; o desenho da sereia é plano e pretensioso, etc.) e sem tradição. A bandeira galega é a atualmente representada no escudo: a da hóstia e o cálice. Outras possibilidades razoáveis seriam a da cruz de santo André ou a dos três cálices que representam Lugo, Astorga e Braga, e que parece a mais velha representação do escudo.