Como pode ser a bandeira republicana galega?

Presentarase o sábado 29 de xuño na III Festa da República Galega. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Ordes | 03/06/2013 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

Como pode ser a bandeira republicana de Galicia?. O vindeiro sábado 29 de xuño terá lugar na Pontagra, vella Estación de Tren de Ordes, a III Festa da República Galega, un acto que conmemorará o 82 aniversario da proclamación desta data e servirá, tamén, para presentar unha nova bandeira; a da República galega.

Miro Igleisas fala desta nova bandeira que contén o famoso escudo de Castelao e un semicirculo azul que representa o pasado castrexo galego:

Escudo de Galicia deseñado por Castelao
Escudo de Galicia deseñado por Castelao


Actuacións, xogos e concertos

Esta festa contará cun aberto de billarda, unha cea popular, xogos populares para nenos, actos literarios e un oncerto de Leo i Arremecághona!!, Cé orquestra Pantasma e Xenderal.

"As pessoas que organizamos o evento, de associaçons da Laracha, Cerzeda e Ordes, gostariamos de convidar-vos a compartir com nós este dia. Pretendemos que o tecido associativo de todo o país tenha um espaço para exponher os seus trabalhos ou vender o seu material. Podedes traer um pequeno posto para dar-vos a conhecer, ou se o preferides simplesmente achegar-vos e unir-vos à festa!", apuntan os organizadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

5 antiburras

A república da nación galega non ten máis bandeira que a azul e branca. Ajillos españois para Espanha.

4 dftf

Que bandeira vai ser? A que usaron os de 1931, a bandeira co Grial de toda a vida.

1 Roi Xordo

Obvio.

3 galego do común

a bandeira republicana é a estreleira ou co escudo de castelao...xa está ben de inventar

2 XMC

"e un semicirculo azul que representa o pasado castrexo galego..." eso, eso, non lle chamemos "pasado celta" que pode estoupar a cabeza dalgún isola-castrista... país, país...!!! :-P

1 Galahaz

Que frikis, meu deus! A bandeira galega xa existe, ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo até o inferior dereito. A franxa azul posúe unha largura igual á terceira parte do alto da bandeira. E ademais, é tan forte tan forte, que aguanta o que lle boten: o escudo co cáliz e coas cruces, o de Castelao, unha estrela vermella, o escudo do Celta ou do Dépor, e até a silueta dunha vaca... En fin...

1 lois

Pois si, parece a postura mais axeitada: branca, unha banda azul, e xa está. O rollo dos lusistas so lles interesa aos lusistas, e o da serea co lema " Denantes mortos que escravos"está pensado para outras épocas. Hoxe os escravos modernos, a man de obra regalada, está no terceiro mundo, non en Galicia, ainda que o rollo choromiqueiro sempre vende.

2 Galiza antrofofoga

Non te esquezas de tomar a medicación, cuanhas cifras de poboación por debaixo do umbral da probeza de mais do 30% da poboación e medrando. Paro do 28% xente percurando comida no lixo, morrendo sen atender nas sás de espera de urxencia, sen poder pagar as mediciñas etc etc. etc. Galiza está no mundo de Biafra. Por moito cos trolls fachosos querades ocultalo dende a globalización o 3º mundo convive nas mesmas cibdades que o 1º, ao cal agora só pertecen os burgueses, xa que non existen as clases medias.

3 lois

E dalle. A teima histérica de sempre. O umbral da probeza eiquí é un nivel de vida aceptable no terceiro mundo. O que pasa é que Galicia "ten" que estar como Biafra para que se lle poidan aplicar os esquemas terceiromundistas. Se non, a teoría non cola. ¿ Canto xente morreu en Galicia "sen atender" nas salas de urxencias ? ¿ Ducias, centos,milleiros ? Hai casos`patéticos, pero eiquí hai sevicios sociais, bancos de alimentos e cociñas económicas. Sinto, pero rollo apocalípco ( con todos os problemas que se queiran ) eiquí non cola.Hai problemas, hai un paro que mete medo, pero, ainda que pareza increible, a inmensa maioría dos galegos non estamos a buscar comida no lixo. ¿ ou vasme a dicir que si ? Vaite o rural galego e comparao co terceiro mundo.Hai problemas, pero non hai a miseria de Haití ou Bangla Desh . Nen convences, nen sabes insultar.

4 lois

Nótase que hai unha teima porque os feitos confirmen a teoría: coma os clasicos marxistas din que a sociedade polarízase entre proletariado e burguesía, pois eiquí ten que darse eso. ¿ Vasme a dicir que eiquí xa non hai clase media ? ¿Os mestres,os sanitarios, os carteiros, os gandeiros, a xente que traballa en Citroen, en Megasa, os ferroviarios, seica son proletarios famentos ? Eiquí segue a haber clase media,con todos os problemas que se queiran, ainda que, segundo a teroría marxista, esta clase tende a desaparecer. Os feitos son teimudos. En Galicia non hai unha miseria xeneralizada, repito, con todos os problemas que sexa.