Investigadores estoupan: "Acaso somos unha moeda para o PP que serve en período preeleitoral?"

Posdoutorais denuncian que a Xunta "deulles as costas e pechoulles as portas" e manten a 37 deles sen saber cal será o seu futuro laboral.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/11/2020 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Un total de 37 investigadores postdoctorias nas universidades galegas denuncian que están "abandonados" por parte do goberno galego e sen posibilidade de continuar os seus contratos ata, cando menos, mediados do vindeiro ano. Unha situación da que responsabilizaná Xunta e ao PP aos que acusan de utilizalos só nas campañas electorais.

Unha investigadora
Unha investigadora | Fonte: FIDR

Estas persoas son investigadoras e investigadores de alto nivel, que completaron dous anos de estadía financiados pola Xunta de Galicia en centros internacionais de reconocido prestixio, e o seu retorno e estabilización asegura que a inversión realizada neles repercuta na sociedade galega. "Por iso, as políticas de abandono que a Xunta practica ano tras ano con estes colectivos son de especial gravidade nun marco coma o que estamos a vivir debido á crise sanitaria producida pola Covid-19, no que os esforzos por conservar o talento  investigador e por rentabilizar as inversións en ciencia deberían de estar maximizados", denuncia o colectivo nun comunicado.

Neste sentido, critican que a propia Xunta negoulles calquer tipo de información sobre o seu futuro, e durante os últimos meses todos os nosos intentos para concretar unha reunión para obter información sobre o seu futuro "recibiron silencio por resposta".  "A Xunta de Galicia non cumprirá o compromiso que eles mesmos publicaron cando anunciaron as prórrogas para paliar os efectos negativos da Covid-19 pouco antes das elecións ó Parlamento Galego", apuntan nun comunicado.

"MOEDA DE CAMBIO"

A iniciativa para realizar dita convocatoria foi levada a debate no Parlamento galego por parte de BNG e PSdeG xa por dúas veces, o pasado outubro e neste mes de novembro. Dúas veces proposta e dúas veces bloqueada polopropio Partido Popular. "Acaso somos unha moeda que serve en período preeleitoral, pero que se devalúa unha vez pasan as elección?", denuncian.

Mentres se produce esta situación, o Partido Popular mantén reiteradamente que o

sistema científico galego é "o mellor do estado español, repetindo esta idea coma un mantra,

pero sen aportar datos que así o confirmen", din . De feito, lembran que Investigal, o colectivo de investigadores galegos contrastou con datos obxectivos tales afirmacións, apuntando que en Galicia se inviste o 0,94% do PIB en I+D+i, valor por debaixo da media estatal (1,24%) ou

europea (2%) e moi afastado doutras comunidades como o Euskadi (1,96%), Madrid (1,71%),

Nafarroa (1,68%), Catalunya (1,52%) ou Castela e León (1,3%).

"É obvio que a carreira investigadora en Galiza precisa dunha reforma estructural integral, e diversos colectivos así coma as Vicerreitorías de Investigación das tres universidades públicas galegas así llo veñen transmitindo á Xunta dende fai xa varios anos", engaden ao tempo que piden á Xunta que mude por completo a súa filosofía sobre a investigación e produción científica en Galicia. 

A XUNTA REPITE A MESMA SITUACIÓN

Fai pouco máis de un ano, 34 investigadoras dependentes da Xunta de Galicia (I2C 2016) pasaron xa pola mesma situación. Entón denunciaban que a falta de previsión por parte da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria e o GAÍN (dos que dependían os seus contrato) resultaba "nun grave prexuízo" para as súas carreiras investigadoras, xa que se producía un salto entre convocatorias de arredor de 6 meses. Ademais, no caso de persoas que tivesen desfrutado de permisos de maternidade ou paternidade, o devandito salto sería de máis de 10 meses.

Naquel momento, a Xunta de Galicia recoñeceu que o que denunciaban estas persoas estaba fundamentado, e procedeu a financiar contratos-ponte que suavizaran ese período entre contratos, e no caso das persoas con permisos de maternidade estendía estes contratos-ponte para equiparalos aos das persoas coas que deberían de concorrer á seguinte convocatoria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta