Convocan para o día 12 unha concentración para esixir que o Estado asuma a débeda do porto exterior da Coruña

A iniciativa está impulsada pola plataforma cívica Defensa do Común.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/12/2020 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

A plataforma cívica Defensa do Común convocou para o 12 de decembro unha concentración, ante a Subdelegación do Goberno, para esixir que o Estado asuma a débeda do porto exterior e acometa a conexión ferroviaria.

Porto exterior da Coruña
Porto exterior da Coruña | Fonte: Autoridade Portuaria.

Asegura que os Orzamentos Xerais do Estado son "unha nova ocasión" para que "se faga xustiza coa Coruña" e que esta cidade teña "o mesmo tratamento que Valencia e Castelló".

"Parece que non hai diñeiro para A Coruña, pero os orzamentos do Estado dedican 400 millóns de euros para condonar a débeda do porto de Valencia e 140 millóns para a conexión ferroviaria do porto de Castelló", citan como exemplo.

Por iso, apelan a "recuperar o espírito" da manifestación convocada por 70 entidades baixo o lema 'A Coruña non se vende'. "Cando o PP gobernaba en Madrid, o PSOE estaba entre as 70 organizacións que convocaban a citada manifestación e apoiaban o que dicía o manifesto", lembran.

Por iso, piden aos partidos que forman parte do Executivo que elixan entre "defender unha política marcada pola dirección dos seus partidos ou a defensa dos intereses da Coruña". "O PSOE ten unha especial responsabilidade porque goberna en Madrid e na Coruña", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta