A estratexia política de Anova divide as bases

As alianzas con forzas nacionalistas ou unha fronte ampla con partidos da esquerda enfronta ás distintas correntes desta formación. Haberá listas abertas a súa Coordinadora Nacional, pero algunhas sensibilidades poden quedar fóra.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 08/06/2013 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

Anova-Irmandade Nacionalista afronta esta fin de semana a que é a súa primeira grande asemblea. Un cónclave decisivo que marcará a orientación e as teses politicas desta formación nacionalista para o futuro. Pero, a formación que lidera Beiras afronta esta primeira gran cita coas súas bases dividida.

Finalmente, non houbo acordo sobre o modelo político da organización. De feito, presentáronse case 180 enmendas ao documento político. Enriba da mesa hai fondas divisións sobre o modelo de "partido movemento" que se quere, é dicir, como debe de ser a convivencia interna das distintas correntes; e polo outro, a táctica de Anova con outras forzas políticas. E é neste punto onde xorden as principais diferencias.

Tres posturas

Polo momento hai tres posicións diverxentes; unha fronte ampla, unha gran coalición de forzas nacionalistas do Estado e unha coalición de forzas politicas nacionalistas galegas. A primeira proposta é compartida pola FPG ou Nova Esquerda Galega. Aposta por un pacto de Anova con EU e con outros partidos  da esquerda anticapitalista do Estado seguindo o modelo que Anova xa puxo en marcha con EU en AGE nas pasadas autonómicas.

A segunda e a terceira opcións están defendidas, principalmente, por Encontro Irmandiño, o grupo máis numeroso dentro de Anova. Por unha banda hai quen propón un pacto con todas as grandes forzas nacionalistas estatais --ERC, Amaiur, BNG...--, e, pola outra, están os que só queren un pacto coas forzas nacionalistas galegas --BNG, CxG e forzas soberanistas--.

Nas últimas semanas os debates sobre esta cuestión teñen sido moi vivos nas comarcas e mesmo teñen provocado divisións internas. Un dirixente de Anova consultado por GC chegou a sinalar que este novo partido sairá dividido deste cónclave. "Non haberá ruptura, nin cisma. A xente vai ter sentidiño e seguro que imos todos a chegar a unha postura consensuada", apunta outra fonte consultada.

Moitos candidatos para a Coordinadora Nacional

Con todo, uns e outros recoñecen as divisións existentes en canto ao modelo organizativo e político. De aí, tamén, que non se chegara a un acordo sobre os membros da Coordinadora Nacional. Haberá listas abertas para un órgano de 75 persoas ao que se presentan 171. E é aquí onde tamén se medirá se, finalmente, o grupo máis numeroso cede antes os máis pequenos. "Pode darse o caso que haxa unha Coordinadora na que non estean representados os colectivos máis pequenos e mesmo o propio Mariano Abalo --líder da FPG-- pode quedar fóra", apunta un dirixente. "Isto é case imposible. Todos estarán dentro", apunta outra fonte.

Aínda que a maior parte das enmendas son para o documento político, o certo é que tamén se presentaron numerosas enmendas ao texto organizativo, á carta financieira e mesmo ao Regulamento da propia asemblea. De feito, Anova Teo --da que forma parte o alcalde deste concello e a quen todos sinalan coma sucesor de Beiras, Martiño Noriega-- presentou unha enmenda a totalidade das teses políticas.

Debate vivo e participativo

Sen embargo, e a pesares desta diferencia, os cadros de Anova insisten en suliñar que a "riqueza" desta formación é, precisamente, a "liberdade que a xente ten para debatir". "Aquí non vimos con acordos pechados como fan outros. Aquí a palabra é da militancia", engade un histórico militante consultado. 

"Seguro que se chega a un gran acordo porque o que se trata é de crear unha gran cooperativa política de todas as formacións que integramos Anova", apunta outro dirixente que está convencido de que "todas as sensibilidades estarán presentes na Coordinadora Nacional".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 47 comentarios

28 Foucellas

1.- Que mude algo para que todo fique como está, "partidos para perpetuar a DemocraCÏA actual. Votei a AGE, pero penso que o camiño non é asemblea = eclesia na que se convertiron as disidencias. 10.000 irmandiños houbo cando non había internet nin medios de desinformación.

27 Foucellas

2.- O que fai falla é unha organización para traballar fóra do "Parlamento Títere", para crear un movemento social de miles de irmandiños de esquerda, nas vilas, nas parroquias, nos arrabaldos, nos institutoss, nas escolas, hai que movilizar ao pobo e deixas os matices e as "paranoias persoais na casa". O inimigo chámase UPiD, PP-OPUS, PSOE-Élite. O inimigo chámase corrupción e nacional-catolicismo. O inimigo chámase Neolibelarismo-esclavismo social.

26 Foucellas

3.- Fai falla unha ANPG clandestina, unha nova revolución. Isto que está a face AGE é unha templar gaitas, senón ao tempo. Non hai proxecto, polo tanto non hai ilusión. Non hai suversión, polo tanto non hai mudanza de vontadas. Non hai acción, polo tanto non hai alternativa. Longa noite de pedra etarna para Galiza. Itaca endexamais vivirá onda nós. Que magoa!

25 antiantinacionalista

Non existe tal división e que vieiras ten dobre personalidade, pola mañanciaña e galaico-expañol e pola tarde e hispano-galego, ¿pero que podiamos experar dunha mente bipolar tan relevante? cordura, mesura, un analisis ponderado da situación, un trato amable cos rivais politicos, un xeito de dirixirse o pobo mediante un discurso baseado na pedagoxia politica mais excelsa.... Non amiguiños, enganos, insultos, berros, descalificacións demenciais e si non saen os números, golpe de mao

24 antiantinacionalista

Pode alguen decir, como de cociñado quedou a victoria do Vieiras si foi moi precociñado co 99 por cento dos sufraxios, si foi ultracociñado co 114 por cento dos sufraxios, si foi medio cru co 90 por cento dos sufraxios o si todo o espagueti pringoso ese quedou en zona xiada e sin desconxear co 80 por cento de votos a favor do REI DO POLO FRITO, o grandisimo Vieiras ayaTOLAI