Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2025 | Actualizada ás 14:21
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ve "lamentable" que haxa filtracións de comunicacións privadas do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, as cales "poden estar derivadas dun proceso xudicial e que iso non se investigue". "Parece que no Estado español só se investigan as filtracións que lle afectan a altos dirixentes do PP como a señora Ayuso e o seu compañeiro", queixouse. Por iso, lamenta "unha utilización que pon en cuestión o uso e o papel que a propia xustiza xoga no Estado español".
Nunha entrevista coa Cadena SER, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou que os wasapps que se filtraron do presidente do Goberno, mostran o seu perfil "autoritario", pero sinalou que, ao seu xuízo, "ninguén resiste á proba do Whatsapp". Preguntada este luns por estas declaracións, Pontón respondeu: "Supoño que á portavoz do PP se cadra pésalle a súa propia historia, porque, claro, cando a ela tamén lle filtraron as súas propias conversacións a respecto de Conde Roia era evidente que tampouco pasaba ese filtro". No sumario da Operación Pokémon aparecía unha conversación de Paula Prado na que falaba de que Vendex, unha das empresas que eran investigadas, facía "agasallos da hostia".
BESTEIRO
Pola súa banda, preguntado polas afirmacións nas que a secretaria xeral do PPdeG, o secretario xeral dos socialistas galegos aludiu tamén ao sumario da Operación Pokémon para lembrar as palabras do agora número dous do PP. "Falaba de agasallos da hostia", engadiu Longueira. Ademais, preguntado polas afirmacións nas que Paula Prado acusou ao líder do PSdeG de estar "ausente", Besteiro considerou que "quizais Paula Prado tivo que saír á carreira a defender ao seu xefe" porque o PSdeG "o deixou en evidencia" co ocorrido durante o apagamento. "Porque, como quedou demostrado, quen si desapareceu foi Alfonso Rueda, que abandonou o Cecopi en plena emerxencia, sen saber que ía pasar nin como responder", argumentou o xefe de filas do PSdeG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.