Case oito millóns de euros irán destinados a loitar contra a covid nas áreas da Coruña e Cee, e de Vigo

A maior parte deste investimento irá para material de laboratorio e equipos de protección individual, completándose o orzamento coa contratación de determinados traballos e servizos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O Goberno galego destinará case 7,7 millóns de euros a loitar contra a covid-19 nas áreas sanitarias da Coruña e Cee, e de Vigo.

A maior parte deste investimento irá para material de laboratorio e equipos de protección individual, completándose o orzamento coa contratación de determinados traballos e servizos.

A adquisición deste material e a contratación de obras e servizos enmárcase dentro do protocolo de actuación para facer fronte á epidemia que no seu día elaborou o comité de expertos.

CENTRO INTEGRAL DE SAÚDE DE LALÍN

Por outra banda, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, tamén informou de que a Xunta autorizou a licitación das obras do novo centro integral de saúde de Lalín, cun investimento de máis de 9 millóns de euros.

O Executivo galego prevé licitar as actuacións na segunda quincena deste mes, para inicialas a próxima primavera.

TRANSPORTE PARA HEMODIÁLISE

Tamén este mércores informouse de que o Sergas investirá máis de 600.000 euros no transporte para hemodiálisis na provincia de Lugo.

Este servizo, que se realiza en convenio coa asociación Alcer, beneficiou a case 180 pacientes durante o ano pasado.

Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas
Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta