Nace o proxecto político Partido Galego, unha formación que se declara transversal e con visión europeísta

Este novo partido primará a "interlocución" e o diálogo para recibir os "impulsos que hai na sociedade" e construír este país "con todos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2020 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Galicia conta desde este sábado cun novo proxecto político. O chamado Partido Galego foi presentado este sábado en Melide, e entre os seus membros está Xosé Mosquera, exmembro de Compromiso por Galicia e vinculado coas diferentes correntes galeguistas ao longo da historia.

Ademais de Mosquera este Xesús Ares, que estará á fronte da área de Coordinación do novo partido, que se ofrece como un proxecto transversal, galeguista e cunha visión europeísta e de converxencia.

O resto de integrantes da comisión permanente serán Maximino Vázquez (portavoz), Óscar Casais (organización), Montse Almozara (finanzas), Xabier Vázquez (municipal), José Antonio Díaz Rodríguez (empresas), Paula María Rey (autónomos), Anxo Franco (emprego), Rubén Vilasenín (Medio ambiente), Cristina Barcia (comunicación) ou Xabier Pintos (medio rural).

Durante a presentación do proxecto, Mosquera incidiu na necesidade de impulsar un partido "en defensa" da sociedade e da lingua propia, que estea "convencido" de que se sitúa nun marco europeo e que debe "mirar á Eurorrexión".

Por iso, este novo partido debe primar a "interlocución" e o diálogo para recibir os "impulsos que hai na sociedade" e construír este país "con todos".

"Temos que estar atentos a eles, ser receptivos e ter unha capacidade de diálogo moi grande", engadiu, pero sen caer en 'apriorismos'.

Xosé Mosquera
Xosé Mosquera

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

16 Galeguista de esquerdas

Vexo que o galeguismo sometido (Martín Fierro: "Solo corta por lo blando el que busca lo seguro") ó nacionalismo (Schopenhauer: " Cuantas menos razones tiene un hombre para enorgullecerse de sí mismo más suele enorgullecerse de pertenecer a una nación.") seguirá marcando o paso. Deberían baixar a mirada ó volver a petar na porta do Bloque, pedindo perdón polo seu desvarío. Ó que foi siervo cóstalle pensar sin pedir permiso. Aínda que se titule "liberal". Remato: uns cantos non seremos votantes seus. Sorte

15 Galeguista de esquerdas

Eu teño moi claro o que significa ser un galeguista de esquerdas: 1. Vivo nunha rexión europea diferenciada e autogobernada que hoxe forma parte de España. Un galego soporta cinco burocracias enriba del: concello, diputación, autonomía, Madrid, Bruselas. Ós europeistas, que temos fratrías no lugar de patrias, sóbrannos dúas: diputación e Madrid. Solo temos que cederlle a os Estados Unidos de Europa o que hoxe lle cedemos a Madrid. Para facelo compre crebar as cancelas que os nacionalistas de todo pelaxe, que para min solo é un, queren poñer. As cancelas hai que poñerllas os fascistas, e os fascistas son e serán sempre nacionalistas (nacionalsocialismo, nacionalcatolicismo...) 2. Ser de esquerdas implica honradez e honestidade na loita pola igualdade.

1 Gan dhul

Tés un cacao mental...

2 Parvoense

Ser de esquerdas significa manter as honradas e honestas deputacións clientelares? E os concellos, até os insostibles por tamaño, sen xente nin recursos, con varios políticos liberados de caciques? E es galeguista defensor de provincias e dos concellos, de tradición ou mellor de traición?

14 Galeguista de esquerdas

PIB per capita en euros (2018): Madrid (35.041), P. Vasco (33.223), Navarra (31.389), Cataluña (30.426)... Media (25.727)... Galicia (23.183)... Andalucia (19.107), Extremadura (18.769). Onde esta situado o independentismo supremacista e insolidario: na parte alta ou na parte baixa? Que importa que se apelide PNV, ERC ou Bildu? Como pode estar tan cego un galego que non sexa capaz de ver o que os datos, que non minten, están berrando? Como pode un galeguiste facerlle o xogo o protofascismo a conta do benestar dos galegos?

13 Galeguista de esquerdas

As comparacións, homoxéneas. Unha nación con estado desde o XV non ten nada que ver coa unión de catro nacións nun estado unitario no XVIII. OSinn Fein peleaba por unha Irlanda Unida. Os socialdemócratas do SNP planteron un referendo de independencia que perderon por 10 puntos. Pouco pode comentar un demócrata: unironse sin perder as súas individualidades e poden dar marcha atrás. En España, como non hai costuras, aparecen 17 retales. As 320 mil almas de La Rioja non tardarán moito en decir que son unha nación. España leva camiño de convertirse nun estado fallido: eu teño moi claro que pagarán os de sempre os gastos. Galicia ten máis que ver co Quebec, e é con eles cos que deberiamos compararnos.

12 Galeguista de esquerdas

... Pero si os galeguistas son independentistas desteñidos pouco hai que facer. Seguiremos orfos. Tiven a sorte de tratar con xente do Quebec cando era novo, e aprendín moito. Non sei si sabe que houbo un tempo no que o independentismo galego (un nacionalista é por definición independentista) necesita xustificar o calificarse de esquerda e inventou aquelo de que "Galicia é unha colonia interior". Polas rúas de Compostela certas manifetacións recitan con jolgorio "Que se aclare la U: Galicia es una colonia o un champú? Feijoo xubilarase de Presidente. Dirán, como fan algúns adolescentes maduros, que os galegos son parvos. Non saben esas probes xentes que son sabios. Saúde.

1 Galeguista de dereitas

Ti tes clara a identificación nacionalismo=dereita e nacionalismo=independentismo. Sendo así, entendo a túa resistencia a declararte nacionalista se es de esquerdas e non independentista. Mais xa che digo que esas ecuacións non teñen por que ser certas. Eu tampouco non teño ningún interese especial en considerarme nacionalista, polo que tanto me ten que sendo galeguista, de dereitas e non independentista, uns me van considerar nacionalista e outros non. Non vexo por que este novo partido que non se declara nacionalista, senón galeguista, pode non representarte. Eu si que lle acho de menos un pouco máis de perfil ideolóxico.