O Concello de Oleiros presenta unha querela contra a dirección do Consorcio das Mariñas

Por E.P. | Oleiros | 14/12/2020 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O Concello de Oleiros (A Coruña) presentou unha querela contra a dirección do Consorcio das Mariñas por supostas irregularidades na xestión deste organismo público, que integran este municipio, ademais os concellos de Abegondo, Sada, Cambre, Betanzos, Bergondo, Culleredo e Carral.

Nun comunicado, explica que un xulgado admitiu a trámite a querela que presentou o consistorio contra o presidente do Consorcio e os técnicos responsables do mesmo.

O alcalde, Ángel García Seoane, afirma que por parte do seu Concello houbo intentos de "diálogo", pero que non lle quedou "máis remedio que ir aos tribunais porque seguen facendo o que lles dá a gana".

"Non imos permitir que na administración pública leven a cabo políticas en contra do interese xeral dos cidadáns", argumenta nun comunicado.

O alcaldede Oleiros,  Ángel García Seoane, nunha protesta en demanda de obras ao Ministerio de Fomento
O alcaldede Oleiros, Ángel García Seoane, nunha protesta en demanda de obras ao Ministerio de Fomento | Fonte: C0ncello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta