Temas: GALICIA ESTRELAS

Javier Olleros, chef de Culler de pau, proposto como Fillo Predilecto do Grove

Culler de Pau gañou a súa segunda estrela michelín, convertendo ao local no primeiro en Galicia en ter dúas estrelas Michelín.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2020 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

O alcalde do Grove comunicoulle o pasado 15 de decembro a Javier Olleros e ao seu equipo a proposta de nomealo Fillo Predilecto do Grove debido ao seu labor como cociñeiro en Culler de Pau, restaurante que obtivo a súa segunda estrela Michelín.

Javier Olleros en Con Negro
Javier Olleros en Con Negro | Fonte: Foto: Sole Felloza para www.manuelgago.org

"O espectacular logro acadado polo cociñeiro co seu restaurante Culler de Pau ao se converter no primeiro local de Galicia en conseguir dúas estrelas Michelín non é só un recoñecemento do seu bo facer, senón que supón un verdadeiro éxito para toda a veciñanza do Grove", apuntou o rexedor.

Ademais, fixo fincapé en que grazas a este tipo de restaurantes, a tradición hostaleira e a "espectacular" calidade dos produtos da localidade son recoñecidos a nivel internacional. "Javier Olleros pon ao Grove no mapa mundial da gastronomía e debemos recoñecerllo cun nomeamento honorífico para confirmar o seu papel de embaixador do Grove no mundo".

Temas: GALICIA ESTRELAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta