Cristina Pato, galardoada co XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Por E.P. | Pontevedra | 17/12/2020 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A gaiteira e pianista Cristina Pato foi galardoada co XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego polo seu artigo 'Realidades paralelas', publicado no diario La Voz de Galicia.

Cristina Pato
Cristina Pato | Fonte: ABRIDE A FIESTRA

Afundación, a Obra Social de Abancam celebrou este xoves no Café Moderno Afundación de Pontevedra o acto de entrega deste premio. Acompañaron á premiada, ademais dos outros dous finalistas, Míriam Ferradáns e Diego Giráldez, --por Aprender a contar' e 'A Cardiopatía de Xulia'-- o director xerente de Afundación, Pedro Otero Espinar.

Na apertura do acto, Otero Espinar aludiu a este ano "tan extraordinario en tantísimos ámbitos". "E tamén o décimo aniversario do falecemento de Francisco Fernández del Riego e a el rendemos unha merecida homenaxe neste encontro", expuxo, ademais, de trasladar as felicitacións aos finalistas.

Xunto a el, estiveron Francisco Domínguez, presidente da Fundación Penzol, quen ofreceu unha conferencia en homenaxe a Fernández del Riego, e Víctor Freixanes, presidente deljurado e da Real Academia Galega (RAG), entre outros asistentes.

Cristina Pato, pola súa banda, quixo agradecer aos seus compañeiros finalistas, Míriam Ferradáns e Diego Giráldez, pór en valor nos seus artigos a necesaria atención ás emocións, especialmente nun ano tan complexo. Así, destacou "o amor á familia, aos amigos". "E o amor pola literatura, que durante os meses de confinamento foi o meu apoio", expuxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Alicia

O malo non é que lle dean o premio, o malo é que llo dean por un artigo moi malo (xa vedes que o malo se repite como un bucle). Pódese ler buscando en Google a nova do premio e resulta accesible na noticia de La Voz de Galicia mediante un link. Vós mesm@s xulgaredes.

1 Lois

E a Pérez Reverte, que lle den o Grammy.