Temas: ONS CINE

O filme 'Ons', de Alfonso Zarauza, inicia a súa exhibición en catorce salas en Galicia, Madrid e Barcelona

Será a partir do 18 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/12/2020 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

Un total de catorce salas de cine exhibirán a partir deste venres, día 18 de decembro, 'Ons', a última película do director Alfonso Zarauza, que arrincará así a súa cita coas salas.

Escena do filme 'Ons'.
Escena do filme 'Ons'.

En concreto, o filme inicia a súa primeira semana nas salas Gran Vía e Yielmo de Vigo, en Duplex Cinema de Ferrol e en tres salas da Coruña --Cantones Cines, Cinesa Marineda e Yelmo Rosales--.

En Lugo, poderá verse en Códex Cinema e As Termas e en Santiago en Numax e en Cinesa As Cancelas. 'Ons' tamén chegará ao Teatro Principal de Pontevedra, aos Cines Renoir Plaza España de Madrid, a Boliche (Barcelona), aos Multicines Central da Estrada, á Avenida de Caldas de Reis e ao Cinema Seixo de Marín.

A película conta cun universo propio que envolve ao espectador e que está marcado polo carácter da illa de Ons, na ría de Pontevedra, onde só viven nove persoas, a pesar dos numerosos turistas que recibe cada verán.

Temas: ONS CINE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta