Facultativos e sindicatos reclaman a Sanidade "o fin da temporalidade" e do "abuso dos recortes"

Agamfec entrega á Valedora do Pobo unha proposta de actuación para o desenvolvemento da Atención Primaria en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/12/2020 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

O malestar entre facultativos e sindicatos médicos segue aumentando en Galicia ante a situación de precariedade dos profesionais. Varias queixas sumáronse á longa campaña de protestas dos profesionais. Algúns deles concentráronse este xoves ás portas do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para reclamar á Consellería de Sanidade "o fin da temporalidade" e do "abuso dos recortes", en virtude dunhas condicións laborais "dignas" para estes profesionais.

Edificio do Sergas
Edificio do Sergas | Fonte: xunta.gal

En concreto, os sanitarios din estar "fartos" e con "desánimo" polas condicións "precarias" que veñen padecendo nos últimos anos, con "contratos encadeados nunha situación completamente irregular e fraudulenta" (días ou meses durante anos).

Neste sentido censuran "o elevado índice de temporalidade", que é "aínda máis acusado" na área sanitaria de Lugo, e solicitan que se convertan todos os contratos eventuais encadeados "en prazas estruturais", ademais de que se consoliden "todos os postos de traballo".

Todo iso, segundo sinalan, son demandas de condicións "dignas" e "acordes aos dereitos establecidos e pactados".

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitario (Agamfec), pola súa banda, entregou á Valedora do Pobo unha proposta de actuación para o desenvolvemento da Atención Primaria en Galicia.

Entre os eixos básicos, o documento acentúa a necesidade de mellorar e renovar infraestruturas, medios técnicos suficientes ou a contratación de persoal sanitario e non sanitario "necesario" e de forma estable e digna".

Así mesmo, reclaman a ampliación dunha carteira de servizos mellorada e óptima aos equipos de AP, para que os médicos de familia "poidan ser máis resolutivos" e así "reducir as derivacións hospitalarias".

Doutra banda, a CIG-Saúde remitiu un escrito á Valedora do Pobo para pedir amparo e instala a dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago para que cumpra coa Lei de Liberdade Sindical e facilite o acceso a información e documentación aos delegados.

En concreto, censuran o "irregular" nomeamento do xefe de servizo da UCI de Adultos do Clínico, a quen responsabiliza da "falta de condicións de traballo dignas" para o persoal nesta unidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta