Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 18/12/2020 | Actualizada ás 20:31
O líder do PP, Pablo Casado, acusou este venres ao xefe do Executivo, Pedro Sánchez, de "covardía" e "incompetencia" por non aplicar uns criterios comúns coa Covid-19 ante as festas do Nadal e "papapetarse de novo" detrás das autonomías. Tras recalcar que agora teñen que ver como "unha nación unida ten 17 plans para Nadal", afeou ao Goberno que queira dar só "as boas noticias", como a chegada da vacina a España, deixando as "malas noticias" para os presidentes de CCAA. Con todo, distintos presidentes autonómicos do PP, entre eles Feijóo, apostan por plans diferentes en función do lugar e da situación epidemiolóxica do virus.
Así se pronunciou nun acto económico sobre fondos europeos na Coruña, no que tamén participaron o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Previamente, visitou a ría do Burgo para esixir ao Executivo de Pedro Sánchez que cumpra "coa súa palabra" en relación con "o dragado da ría tal e como está orzado".
Na súa intervención, Casado afirmou que a Xunta de Galicia ten todo o apoio do PP nas medidas "valentes, responsables e ponderadas" que tomou contra a Covid-19 e subliñou que estes meses Feijóo "deu a cara", "foi humilde, deu as grazas e pediu perdón". "É xusto o contrario que o fai Pedro Sánchez", salientou.
Neste punto, sinalou que están a ver que neste momento "unha nación unida ten 17 plans para o Nadal" e que o ministro de Sanidade, Salvador Illa, "aparece hoxe" para falar da vacina. "Para as boas noticias, sae o Goberno. Para as malas noticias, que os presidentes autonómicos vaian facendo", denunciou.
ESIXE CRITERIOS COMÚNS
Casado resaltou que sería "bo" que o Executivo de Sánchez aplicase uns "criterios comúns" en España, "coa marxe de que cada comunidade autónoma ten unha incidencia de contaxio, unhas características distintas no sector produtivo, na mobilidade, na idade da poboación ou na capacidade asistencial nos hospitais".
Casado afirmou que o Executivo "non está á altura dos retos" que ten España senón que está "máis preocupado" polas súas "leas internas". Na súa opinión, España é un "gran país" pero "o Goberno non vai ben" e os españois "empézanse a dar conta da incompetencia, da arrogancia e das mentiras".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.