O Museo do Pobo galego recibirá medio millón de euros para o deseño na nova ampliación

A contía pretende servir tamén para sufragar actividades culturais e gastos varios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2020 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura destina máis de medio millón de euros en 2021 ao Museo do Pobo do Galego para reforzar a esta entidade como "símbolo, emblema e referente da rede de museos de Galicia". Así o destacou este sábado o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo na reunión do Padroado do Museo do Pobo Galego.

En detalle, Cultura mantén o convenio anual de máis de 330.000 euros para gastos do museo e actividades culturais, así como 200.000 euros para terminar o deseño da nova museografía que se estreará tras a ampliación do centro e que se desenvolverá na á sur. Baixo o marco da futura lei de museos, buscarase avanzar na súa dimensión social e científica para que teña "todo o protagonismo que merece".

Escadas do Museo do Pobo Galego
Escadas do Museo do Pobo Galego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta