Catro persoas resultan intoxicadas no incendio dunha vivenda en Dodro

Descóñecese a orixe do lume, declarado de madrugada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2020 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron intoxicadas e tiveron que recibir atención médica tras declararse un incendio na súa vivenda, situada no municipio coruñés de Dodro. Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o incidente tivo lugar ás 03,30 horas do domingo nunha casa do lugar de Castro, na parroquia de Laíño.

Ata alí desprazáronse os efectivos dos bombeiros de Boiro e do GES de Padrón, que tiveron que axudar aos ocupantes da casa a abandonar a mesma. As chamas foron sufocadas sen complicacións por parte dos efectivos de emerxencia, pero o fume acumulado no inmoble provocou intoxicacións ao catro persoas que se atopaban na casa incendiada. Polo momento descoñécese a orixe das chamas, segundo apuntan os membros de emerxencias.

Camións de bombeiros ante unha vivenda en imaxe de arquivo. POLICÍA LOCAL
Camións de bombeiros ante unha vivenda en imaxe de arquivo. POLICÍA LOCAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta