A Coruña terá máis voos con Madrid, a pesar da covid

Turismo da Coruña, a Cámara de Comercio e Iberia asinan o convenio para amplialos.

Por E.P. | A CORUÑA | 22/12/2020 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

O Consorcio de Turismo da Coruña, a Cámara de Comercio e Iberia subscribiron, no palacio municipal de María Pita, o convenio de colaboración para ampliar o número de voos a Madrid.

Este acordo, a través do cal se realiza desde o pasado 17 de novembro e durante tres meses unha experiencia piloto desde A Coruña, implicará o aumento da conectividade aérea con Madrid nun 50% "e daralles a posibilidade ás coruñesas e aos coruñeses de ir e volver á capital do Estado no mesmo día e varias veces por semana".

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que "poucas cidades no mundo poden neste momento levar a cabo un proxecto piloto que supoña o aumento do 50% das operacións aéreas co seu principal hub que, no noso caso, é Madrid", remarcou no acto.

A alcaldesa, Inés Rei, preside a firma do convenio con Iberia e a Cámara de Comercio para ampliar voos a Madrid. ANDY PEREZ
A alcaldesa, Inés Rei, preside a firma do convenio con Iberia e a Cámara de Comercio para ampliar voos a Madrid. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta