Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 21:35
Polémica tuiteira polo Nadal. A recuperación da figura do Apalpador --ese personaxe da tradición galega que 'apalpa' os nenos para ver se comeron e, en caso negativo, déixalles unha presa de castañas-- vén de xerar confrontación na rede social arredor de diversas acusacións e mensaxes críticos. Estes abrangueron dende os sinalamentos por "pedofilia" --en referencia ao contacto cos rapaces-- a outro tipo de intervencións que tamén recibiron críticas e explicacións. Entre estas contouse a deputada polo BNG Olalla Rodil.
A polémica naceu cunha publicación que ironizaba sobre o contacto do apalpador cos nenos e e o consentemento sexual.
Difícil tradición la del Apalpador en una época en la que hay que hacer pedagogía del consentimiento pic.twitter.com/nhRVyoJ8Ss
— El Hematocrítico (@hematocritico) December 21, 2020
Non tardou en recibir mensaxes críticas.
Non coma Papa Noel, un señor que se mete nas casas sen permiso e mesmo ten a cativos no colo mentres lles da unha aperta ou un bico. En fin, cantas chorradas hai que ler
— OrgulloGalego (@OrgulloGalegoGz) December 21, 2020
Doze anos com a recuperaçom do Apalpador: nengum sem o enfermo de turno falando de pedofília
— Bruno Lopes Teixeiro (@BrunoLTeixeiro) December 21, 2020
E explicacións arredor da figura tradicional, como a ofrecida por Olalla Rodil.
Alguén debería lembrar que a figura do Apalpador responde a unha visión de clase popular e a fame que se pasou neste país e non a nada suxo. Por iso miraba se as crianzas cearan e deixaba unha presada de castañas e non outra cousa.
— Olalla Rodil (@orodil) December 21, 2020
Recuperamos as nosas publicacións sobre mitoloxía galega e tócalle ao noso Apalpador/Pandigueiro ❤
— OrgulloGalego (@OrgulloGalegoGz) December 17, 2020
‼️ Podes coñecer as 33 personaxes mitolóxicas que temos publicado nesta ligazón: https://t.co/P7liIoT6xN 🤩 pic.twitter.com/PHkCfhPgq2
As críticas á figura prolongáronse da man dalgúns usuarios.
Es un cacique pedófilo
— Luisa Lozano Tarrio🇪🇸🔻 (@LuisaTarrio) December 21, 2020
Una cagada del BNG
Un tipejo infecto que no conoce nadie ni nadie oyó hablar nunca de él
UN PEDÓFILO QUE SE APROVECHA DEL HAMBRE PARA TOCAR A LOS NIÑOS Y NIÑAS
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.