A Xunta lanza unha plataforma para facilitar a venda de aldeas abandonadas

A través desta ferramenta a Administración prretende poñer en contacto aos propietarios de inmobles en núcleos abandonados con quen estea interesado na súa adquisición.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/12/2020 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia porá a disposición dos concellos unha plataforma informática que posibilitará o rexistro dos núcleos rurais abandonados e a súa difusión pública para que os seus propietarios poidan ofrecer os seus inmobles en venda ou aluguer.

Esta ferramenta, da que informou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao Consello da Xunta, permitirá poñer en contacto aos propietarios de inmobles en núcleos rurais abandonados con quen estea interesado na súa adquisición ou aluguer para proceder á rehabilitación e posta en valor das zonas.

Na plataforma, que poderá estar operativa no próximo mes de xaneiro, aparecerán datos como a descrición do inmoble, referencia catastral, situación urbanística, superficie, prezo de venda ou aluguer (que tamén se indicará se existe a opción de compra). Ademais, como adxuntos poderanse engadir fotos e planos, o estado do inmoble, etc.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), en xaneiro de 2019 existían en Galicia un total de 3.900 entidades de poboación rural abandonadas, das que 1.889 son núcleos de poboación con 10 vivendas polo menos ou, no caso de ter menos vivendas, acolleron non menos de 50 habitantes. Ademais, hai outras 2.011 entidades dispersas, con características que non permiten cualificalas como núcleos de poboación ao non conseguir as condicións indicadas.

Para a aplicación desta ferramenta que establece a Lei de Rehabilitación de 2019, a Xunta convidará á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e ao Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria a colaborar na iniciativa.

Aldea dos Pretos, en Vilalba
Aldea dos Pretos, en Vilalba | Fonte: Eliseo Trigo. EFE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Empezo a pensar que non é que sexan de Dereitas senon que simplemente son CORTOS ! Do Proxecto de Recuperación Galicia 2020 2030 non pasaron da primeira liña (BD) algo é algo pero así o único que van facer é converterse en Inmobiliaria e nada máis... https://twitter.com/00Gamela/status... Non se trata de ofrecer os inmobles en venda ou aluguer, trátase de poñelos a disposición pública para RECUPERALOS no prazo de 10 anos !!! Non se enteran, haberá que volver insistir a ver se o entenden ? E de paso a tódolos galegos que tanto choran polo abandono do rural a ver se moven a idea (ou cicais parézalles que iso de meter emigrantes nas aldeas pode ser preigoso?) O Racismo anda por barrios (UPG) ?