A patronal da construción tamén pide axudas e investimento ante a covid

Por E.P. | OVIEDO | 30/12/2020 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O Grupo de Construción Noroeste, integrado pola Confederación Asturiana da Construción, a Federación Galega da Construción e a Cámara de Contratistas de Castela e León, reclamou este mércores ás administracións central, autonómicas e locais "un maior e decidido esforzo investidor en infraestruturas e obra pública en xeral", á vez que pide que tanto os remanentes municipais como os fondos europeos que recibirá España "se destinen en parte á industria da construción, un dos sectores que mellor está a resistir a crise".

Así o manifestaron os presidentes de CAC-Asprocon, Joel García; a Federación Galega da Construción, Diego Vázquez; e a Cámara de Contratistas de Castela e León, Enrique Pascual, ao termo dunha recente reunión por videoconferencia na que abordaron asuntos de interese común para un sector que conta neste tres comunidades autónomas con preto de 20.000 empresas e 172.000 traballadores.

Os responsables das tres patronais destacaron que a industria da construción resistiu mellor que outros sectores o impacto inicial da pandemia, mantendo a actividade e o emprego, evidenciando que pode ser un dos motores da recuperación e un rápido xerador de novos postos de traballo.

No entanto, entenden que para alcanzar este obxectivo se neceista un maior compromiso investidor en obra pública por parte de todas as administracións, así como a urxente posta en marcha de mecanismos que axilicen as licitacións e a concesión de licenzas de obra.

O Grupo de Construción Noroeste sinala tamén que a chegada dos fondos europeos destinados a facer fronte á crise provocada pola pandemia debe ser aproveitada para impulsar proxectos relacionados coas infraestruturas e a construción co fin de mellorar a competitividade do Noroeste e facer fronte aos seus retos demográficos, evitando que esta zona do país, onde viven preto de 6,3 millóns de persoas, sexa relegada a un segundo plano, como ocorreu noutras ocasións.

Traballos de construción.. ACA - Arquivo
Traballos de construción.. ACA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta