A AP-9, unha das únicas tres autoestradas do Estado que sobe tarifas en 2021

A xustificación é a amortización da realizacións de obras.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/12/2020 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana rebaixará con carácter xeral un 0,11% as actuais tarifas das autoestradas dependentes do Estado a partir do 1 de xaneiro de 2021, segundo informou nun comunicado. Unha baixada que non afectará á AP-9, que, pola contra, subirá as tarifas.

Na actualización tarifaria non se inclúen as autoestradas xestionadas por Seittsa, para as cales seguen vixentes as tarifas aprobadas polo Acordo do Consello de Ministros do 14 de decembro de 2018.

Así, a partir do 1 de xaneiro as actuais tarifas das autoestradas dependentes do Estado aplicaráselles unha rebaixa do 0,11% con carácter xeral, aínda que, pola evolución dos tráficos respecto dos previstos, a redución será do 0,08% nas autoestradas AP-66 Campomanes-León, AP-68 Bilbao-Zaragoza; AP-2 Zaragoza-Mediterráneo e AP-7 A Jonquera-Tarragona.

TRES AUTOESTRADAS SUBIRÁN AS SÚAS TARIFAS

O Ministerio anunciou que, excepcionalmente, tres autoestradas serán obxecto dunha subida de tarifas, dado que ás reducións aplicadas hai que engadir subidas graduadas previstas anteriormente para financiar custos relacionados con excesos de valoración de expropiacións, execución de obras ou financiamento de bonificacións de peaxe, así como para compensar a non aplicación de incrementos de tarifas inicialmente previstas. No caso da AP-9 sería as obras para crear máis carrís na Ponte de Rande.

Estas autoestradas serán a AP-7 Alacante-Cartaxena, cun incremento do 0,89%; a autoestrada AP-9, cunha subida do 0,92%; e, finalmente, na autoestrada AP-6, Villalba-Adanero, cuxas tarifas variarán un 0,74%.

Peaxe de Rande colapsada
Peaxe de Rande colapsada | Fonte: Iván Leis (@Leisoes) en Twitter.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta