Celso Emilio, o poeta social que pasou de fundar a UPG a militar no PSOE

Cúmprense 91 anos do nacemento do poeta de Celanova.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Pouco queda que dicir de Celso Emilio Ferreiro. Poeta comprometido, exerceu como voz da Galicia silenciada polo Franquismo, cuxos lamentos no baleiro foron salvados para a perpetuidade no clásico Longa noite de pedra. Hoxe sabemos que a Longa Noite de Celso Emilio, unha das obras culminantes da súa traxectoria, tivo a súa orixe nunha breve estadía como preso no Mosteiro de Celanova, en 1937. 

O poeta e autor Celso Emilio Ferreiro
O poeta e autor Celso Emilio Ferreiro

Mobilizado polas tropas 'Nacionais', Celso Emilio estivo a piques de ser executado logo de pronunciarse publicamente contra os actos de guerra perpetrados polos que había de rematar sendo o exército Franquista. Este fito resultou quizais determinante na traxectoria que había de tomar Celso Emilio --por aquel entón, un mozo de 25 anos cunha soa obra publicada-- como poeta social; cometido que o trocaría, en certo modo, no Curros Enríquez do século XX.

O compromiso social de Celso Emilio, porén, foi máis alá da vertente puramente literaria. O auror de Onde o mundo se chama Celanova conta tamén cun longo historial de participación política. Así é que, en 1964, Celso Emilio participou na fundación da Unión do Povo Galego; creación que levou a cabo da man de Méndez Ferrín, entre outros. Porén, pouco había de durar o compromiso co partido marxista. Hoxe sábese que, ao regresar de Venezuela no 73, Celso Emilio tiña xa pouco que ver coa UPG. Na transición achégase ao PSG de Beiras e, a poucos meses de morrer, remata por afiliarse ao PSOE.

Os tuiteiros galegos non deixaron desatentida a efeméride do poeta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Riolo

Un personaje deleznable, un niño de papá. Participar en la fundación de un engendro comunista como la UPG es algo imperdonable y que pesará por los siglos en su curriculum. Por lo demás un poeta totalmente sobrevalorado, pero útil para la perpetuación del caciquismo en su forma autonómica.

1 Amancio

Ben sabemos. Os galeguistas somos nenos de papá mimados e consentidos cando temos diñeiro e pailáns de aldea que nunca mundo viron cando non o temos. Reducionismos ben engrazados de parte dos acólitos do provincianismo de casino que nos goberna.

1 Enxebrista

Para militar na upg hai que estar moi desesperado.

1 son eu

Para militar no PSOE ou PODEMOS non, basta con estar tranquilo e ter bo dente.

2 kyjf

Ainda me recorda o bipartito bng e as súas paparotas.