O Concello de Pontevedra non rexistra accidentes de tráfico mortais desde hai nove anos consecutivos

A concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde, indicou que a tendencia á baixa continuará no camiño marcado durante os últimos anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2021 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra suma nove anos consecutivos sen accidentes de tráfico mortais e, durante o 2020, mantense a tendencia á baixa na redución dos sinistros graves. Así se desprende dos datos de sinistralidade viaria que manexa a Concellaría de Protección Cidadá, referidos ao pasado exercicio. A concelleira responsable desta área, Eva Vilaverde explicou que, a pesar das "as circunstancias especiais" do pasado exercicio, a tendencia á baixa continuaría no camiño marcado durante os últimos anos.

Vilaverde fixo fincapé en que os datos do 2020 "son claros e obxectivos e que falan de cifras xa de resistencia". Segundo a información que manexa a Policía Local, durante o pasado ano Pontevedra rexistrou 351 sinistros nos que se contabilizaron 81 feridos: 77 leves e 4 graves (con asistencia hospitalaria de máis de 24 horas).

No relativo aos feridos graves, tres deles conducían o vehículo sinistrado e un era un peón. Vilaverde insistiu en que esta tendencia "xa vén de atrás" e que responde a que "Pontevedra é unha cidade segura" e á liña de traballo de últimos anos respecto ao modelo urbano.

"Pontevedra atopou o camiño xa hai anos e por el debemos seguir camiñando porque está a dar resultados importantes". En comparación co ano 2019, os accidentes reducíronse un 31,71%, pasando de 514 a 351; os feridos leves nun 34,7%, pasando de 118 a 77; e os graves nun 81%, pasando de 21 a 4.

En canto ao número de atropelos, rexistráronse un total de 18 contabilizándose 17 feridos leves e 1 ferido grave. No relativo ao tipo de vehículo implicado, 12 foron turismos, 2 furgonetas, 2 motocicletas, e 1 bicicleta.

Exterior do concello de Pontevedra. EUROPA PRESS - Arquivo
Exterior do concello de Pontevedra. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 liberdade sempre

Seica esta forma de vida non lle gusta a Coz de Galicia... se o Correo dos paletos tivera influencia no Lérez estaríades cheos de fochancas.... é a información trumpista deste país....