Morren outras cinco persoas por covid, dúas delas en residencias

Faleceron na Coruña, Ferrol, Xove e Vigo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/01/2021 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

As mortes pola pandemia elévanse a 1.441 en Galicia despois da notificación por parte das autoridades sanitarias de cinco novos falecementos con covid-19 nas últimas horas, os mesmos que hai 24 horas Todas as persoas presentaban patoloxías previas.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, dúas persoas morreron na Coruña, un home de 95 anos no CHUAC e unha muller na residencia Santa Teresa de Jornet. Tamén faleceu outra muller de 84 anos na residencia San Bartolomé de Xove.

Persoal sanitario atende a un paciente de Covid na UCI do hospital Povisa
Persoal sanitario atende a un paciente de Covid na UCI do hospital Povisa | Fonte: Foto Miguel Riopa - remitida por Povisa

Por outra banda, tamén morreu un home de 80 anos no CHUF de Ferrol e unha muller de 93 que estaba ingresada en Planta, e non na UCI, en Povisa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta